Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño presenta este sábado o libro -Daniel Calzado Poceiro- de Rafael Martínez Calzado (Lito Oliveira)

A presentación será ás 11.00 horas, no primeiro andar do Mercado Municipal

A obra, editada polo Concello, será presentada polo historiador Bieito Alonso

Fecha: 29 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño presenta o 29 de outubro, ás 11.00 horas, o libro "Daniel Calzado Poceiro. Un alcalde agrarista"; obra do goianés Rafael A. Martínez Calzado (Lito Oliveira), con limiar do historiador Bieito Alonso.

A presentación da obra, editada polo Concello, será no primeiro andar do Mercado Municipal e contará coa presenza da alcaldesa de Tomiño e membros da corporación municipal, ademais de persoas convidadas e público en xeral. Bieito Alonso será o encargado, xunto á rexedora local, de presentar o traballo.

Daniel Calzado Poceiro, nado en Tomiño en 1891 e finado en Bos Aires en 1972, foi un xornalista e político galego, emigrado a Arxentina e alcalde de Tomiño entre 1931 e 1935.

Rafael A. Martínez Calzado, máis coñecido coma Lito Oliveira, foi portavoz do BNG durante os anos 1987 a 2007 e exerceu como concelleiro de Tomiño durante ese mesmo período. Foi, ademais, un importante sindicalista, que estivo presente en comités de empresa e asociacións como a Comisión Pola Verdade do 36. Adestrador nas categorías inferiores do Goián F.C., apareceu sempre moi vinculado a todo tipo de actividades culturais da zona. Até o seu falecemento, no mes de agosto de 2015, foi presidente da asociación de veciños de Goián.

Dáse a circunstancia de que o acto deste sábado, contará coa presenza do neto de Daniel Calzado (José Ramón Calzado), chegado dende Arxentina especialmente para a presentación do libro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones