Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño presenta o libro -Daniel Calzado Poceiro- de Lito Oliveira, facendo unha dobre homenaxe

Tras a presentación da obra tivo lugar o descobremento da placa que dará o nome de Daniel Calzado a unha rúa da vila

Tras a presentación da obra tivo lugar o descobremento da placa que dará o nome de Daniel Calzado a unha rúa da vila

Fecha: 31 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

"Daniel Calzado foi un dos moitos protagonistas do movemento migratorio do rural galego, que se deu en chamar o éxodo a América". Con estas palabras comeza o seu relato, Rafael Martínez Calzado, máis coñecido coma Lito Oliveira, quen fora concelleiro polo BNG durante máis de 20 anos, e falecido tristemente o ano pasado tras unha longa enfermidade.

O Concello de Tomiño editou e presentou a obra esta mañá, no primeiro andar do Mercado Municipal, coa presenza da alcaldesa de Tomiño e membros da corporación municipal, alcalde de Salceda, ademais de persoas convidadas e público en xeral. Unha presenza destacada foi a do neto de Daniel Calzado (José Ramón Calzado), chegado dende Arxentina especialmente para a presentación do libro, xunto á súa muller, Liliana.

O historiador Bieito Alonso foi o encargado, xunto á rexedora local, de presentar o traballo. Ambos tiveron palabras emocionadas para lembrar a figura histórica de Daniel Calzado, e a calidade humana de Lito Oliveira.

Daniel Calzado Poceiro, nado en Tomiño en 1890 e finado en Bos Aires en 1972, foi un político agrarista galego, emigrado a Arxentina e alcalde de Tomiño entre 1931 e 1935.
"Tras unha breve experiencia de traballo dentro da península...decide probar fortuna en Arxentina. Neste país entrou en contacto coa comunidade galega e acadou unha boa posición social e económica. Volveu á súa terra natal, loitou por cambiar a forma de vida dos seus veciños, pelexou contra os caciques e chegou a ser alcalde do seu concello, Tomiño". Deste xeito o autor goianés compón os primeiros trazos deste emigrante, empresario e político tomiñés, nado en Cristelos, parroquia de Barrantes. Daniel Calzado, ao que o Concello decidiu hai uns meses, dedicarlle unha rúa na vila, funda con outros veciños, coma Francisco Rodríguez Otero, a Escola de Emigración "Aurora del Porvenir".

Vicepresidente do Centro Galego en Bos Aires, membro destacado da Irmandade Galega e do Consello de Galiza, foi coetáneo de persoeiros da talla de Antón Alonso Ríos ou o mesmo Castelao.
Ao longo de 60 páxinas, Oliveira vai dando a coñecer, nunha linguaxe sinxela e divulgativa a vida e obra de Daniel Calzado dentro e fora de Galicia, achegando tamén fotografías daquelas épocas.

Rafael A. Martínez Calzado, máis coñecido coma Lito Oliveira, foi portavoz do BNG durante os anos 1987 a 2007 e exerceu como concelleiro de Tomiño durante ese mesmo período. Foi, ademais, un importante sindicalista, que estivo presente en comités de empresa e asociacións como a Comisión Pola Verdade do 36. Adestrador nas categorías inferiores do Goián F.C., apareceu sempre moi vinculado a todo tipo de actividades culturais da zona. Até o seu falecemento, no mes de agosto de 2015, foi presidente da asociación de veciños de Goián.

• O Concello de Tomiño quere render homenaxe a Daniel Calzado, pola súa importante labor a prol de Galicia, pero ao mesmo tempo, honrar a memoria de Lito Oliveira, persoa moi apreciada pola sociedade tomiñesa. Tras a presentación da obra tivo lugar o descobremento da placa que dará o nome de Daniel Calzado a unha rúa da vila. Correspoundelle esta honra ao neto do exalcalde tomiñés.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones