Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño presenta unha potente campaña contra a violencia de xénero, coa instalación de fotos na rúa e a proxección dun vídeo nas redes sociais

-O AMOR NON ATA, NON ATRAPA- é o lema das accións que incluyen tamén un acto con 150 estudantes de secundaria, teatro e varios obradoiros

-O AMOR NON ATA, NON ATRAPA- é o lema das accións que incluyen tamén un acto con 150 estudantes de secundaria, teatro e varios obradoiros

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

"O AMOR NON ATA, NON ATRAPA". Con este lema, o Concello de Tomiño realiza este ano unha potente campaña contra a violencia de xénero, que ten como reclamo principal a instalación de fotos na rúa e a proxección dun vídeo nas redes sociais e páxinas web do municipio.

 

A campaña, que comeza o luns 22 de novembro, é obra de Sergi Lorenzo (mozo fotógrafo e técnico audiovisual tomiñés afincado en Madrid), coa colaboración co Grupo de Voluntariado Local.

As fotos poderán mirarse en distintos puntos como marquesina de autobús do Seixo, mupis en parroquias e mercados de Tomiño e Goián.

 

Para completar a obra, o grupo de voluntarios e voluntarias de Tomiño colaborou co autor na edición dun video que será difundido na web municipal e redes sociais do Concello.

 

O día 25 ás 12.30h terá lugar o ACTO PÚBLICO na Praza do Seixo. 150 alumnos e alumnas do IES Antón.Alonso Ríos achegaranse á Praza so Seixo ás para mostrar a súa repulsa contra a violencia de xénero; lerán un manifesto  e representarán unha regueifa feminista, ambos da súa creación. 

De seguido, polo Concello procederase á lectura da Declaración institucional que antes será presentada a todos os grupos políticos, e gardarase un minuto de silencio

 

Ás 13:00h no Mercado Municipal, haberá teatro, coa obra "Desalento", de Mónica Sueiro. Unha acción escénica sobre el maltrato psicolóxico. Sueiro, diplomada en maxisterio e licenciada en Psicopedagoxía, comezou a súa formación na Aula de Teatro Universitaria de Ourense con Sarabela Teatro. Na actualidade dirixe a Aula de Teatro de Baiona e o taller de
interpretación da ONCE Vigo.

 

O día 27 , Jessica Rodíguez Piñero, mestra de primaria, nominada aos premios Educa ABanca como mellor docente de España, presentará dentro do Programa Medrando en Familia o seu primeiro álbum ilustrado infantil con temática social, "Peúgo, o calcetín melenudo", unha historia na que a través dunha personaxe como un calcetín cun furado analiza o tema da violencia de xénero, e a importancia do autoconcepto e da autoestima.

 

Por último, están programados os Obradoiros VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL ( IES ANTÓN ALONSO RÍOS) , que o Concello de Tomiño solicitou e obtivo da Secretaría Xeral da Igualdade no marco do convenio coa FEGAMP.

 

Dende o luns 22/11 estará colocada no Concello a pancarta contra a violencia machista, que este ano será común a distintos concellos da contorna, dentro da campaña : "O rural contra a violencia de xénero", da asociación de desenvolvemento "Eu Rural".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí