Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño pretende desviar o tráfico do seu centro mediante a construcción dunha variante

Tomiño leva a pleno o convenio con Xunta e Deputación, para a construción dunha variante que reduza o tráfico no núcleo urbano

Tomiño leva a pleno o convenio con Xunta e Deputación, para a construción dunha variante que reduza o tráfico no núcleo urbano

Fecha: 19 de Abril de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño celebrará o vindeiro xoves, 20 de abril, ás 19.00 horas, na Casa da Cultura, sesión plenaria de carácter ordinario, na que se proporá a aprobación do convenio de colaboración entre Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concello, para a "Mellora da conexión entre a EP-3102 Tomiño-Sabarís e a PO-344 ao seu paso polo núcleo urbano do Seixo".

Este convenio posibilitará a construción dunha variante ao núcleo do Seixo; un proxecto estratéxico para o futuro do municipio, que xa foi aprobado cos votos a favor do BNG, PP e CdT e coa abstención do PSOE, nunha anterior sesión plenaria.

O mencionado convenio de colaboración, será asinado pola presidenta da Axencia Galega de Infraestruturas, Ethel María Vázquez; a da Deputación de Pontevedra, María del Carmen Silva, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, comprometéndose cada unha das tres administracións, a desenvolver e asumir diferentes tarefas e responsabilidades.

Entre as obrigas do Concello de Tomiño, figuran as de achegar unha partida de 261.240,36 euros (con cargo ao Plan Concellos 2017 e 2018), e asumir a titularidade do tramo afectado da estrada autonómica PO-344.
Pola súa banda, a Xunta de Galicia farase cargo do proceso de expropiación urxente (antes do 1 de xullo de 2017), cun custe de 933.219,98 euros, e o contrato de servizo, que suma en catro anualidades 29.139,20 euros. Unha vez rematado o devandito proceso, cederá os terreos á Deputación de Pontevedra, coma novo titular da estrada.
Esta última (Deputación de Pontevedra) será quen se encargue de elaborar o documento técnico; levar a cabo a licitación e execución das obras; contratos de servizo accesorios e seguimento da execución, facéndose cargo dos gastos correspondentes, que non poderán superar os 2.351.163, 26 euros.

Antecedentes
A proposta da variante xurdiu dunha demanda que o goberno municipal lle fixo á Deputación en setembro de 2015, para solucionar os problemas de tráfico e paso de vehículos polo núcleo urbano.

A Deputación de Pontevedra redactou un estudo para a mellora da conexión entre a EP-3102 Tomiño-Sabarís e a PO-344 ao seu paso polo núcleo urbano do Seixo. Este estudo previo definiu como solución máis acaída a prolongación da EP-3102 a modo de variante ao Seixo, coa finalidade de conseguir unha conexión viaria eficaz entre a estrada provincial EP-3102 Tomiño-Sabarís e a estrada autonómica PO-344, xa que na actualidade a confluencia destas estradas ao seu paso polo núcleo urbano do Seixo, soporta un volume de tránsito de vehículos que afecta o normal desenvolvemento da vida diaria e o desfrute do espazo público.

Ademais, o desenvolvemento de Tomiño nos últimos anos ten provocado un aumento poboacional importante (arredor dun 30% en 15 anos) e a creación dunha serie de equipamentos públicos (instituto de ensino secundario, campo de fútbol, pavillón polideportivo, centro de saúde, centro de día, centro de persoas con discapacidade, etc.) co conseguinte incremento do paso de vehículos polo centro urbano.

Segundo a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, "esta actuación será estratéxica para o futuro desenvolvemento de Tomiño e posibilitará un crecemento mais ordenado, así coma seguir transformando Tomiño e facendo do noso concello un lugar que cambia para favorecer a mobilidade e desfrute do espazo público".

Este proxecto foi presentado en xullo deste ano á conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, así como unha proposta de colaboración para o financiamento e execución deste investimento entre as tres administracións.

Despois da votación plenaria e do respaldo maioritario a esta reivindicación da corporación municipal de Tomiño, a alcaldesa salientou "o sentido de responsabilidade dos grupos políticos do PP e CdT" e agradeceu que "se antepoñan os intereses públicos para así entre todos facer ver á Deputación e Xunta da necesidade deste proxecto para o futuro de Tomiño".

Outro dos puntos da Orde do Día deste xoves, e a Aprobación Inicial da Relación de Postos de Traballo do Concello de Tomiño (RPT), e a moción do BNG polo transporte público ao Hospital Álvaro Cunqueiro.


DECRETO 170247
CONVOCATORIA DE SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN

Facendo uso das facultades que me confiren os artigos 21.1 da Lei 7/85, de dous de abril, 41.4. do ROF, aprobado por RD. 2.568/86, de vinte e oito de novembro, e 61 da Lei 5/97, de Administración Local de Galicia, RESOLVO convocar os Sres. Concelleiros á sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal que terá lugar o vindeiro xoves, 20 de abril de 2017, ás 19:00 horas, na Casa de Cultura, coa axenda que se recolle máis abaixo. De non se acadar quórum, a sesión será unha hora máis tarde.

ORDE DO DÍA

1.-APROBACION ACTAS SESIONS ANTERIORES
2.-APROBACION INICIAL RELACION DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO DE TOMIÑO.
3.-CESION FRANXA DESAFECTADA A COMUNIDADE DE MONTES DE TEBRA
4.- MOCION DO BNG POLO TRANSPORTE PUBLICO AO HOSPITAL ALVARO CUNQUEIRO
5.-.MOCION PRESENTADA POLA FEDERACION GALEGA DE BOLOS
6.- DACION CONTA RESOLUCIONS ALCALDIA
7.-DACIÓN CONTA ESTADO DE EXECUCION DE GASTOS E INGRESOS 2017. ARQUEOS DECEMBRO DE 2016-XANEIRO-FEBREIRO-MARZO DE 2017.
8.-DACIÓN CONTA INFORME MOROSIDADE 4 TRIMESTRE 2016. INFORME PMP 4º TRIMESTRE 2016.
INFORME EXECUCION TRIMESTRAL 4º TRIMESTRE 2016.
9.-DACIÓN CONTA INFORME SOBRE CUMPRIMENTO ESTABILIDADE ORZAMENTARIA, REGRA DO GASTO E LÍMITE ENDEBEDAMENTO NA LIQUIDACIÓN 2016.
10.-CONVENIO COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE TOMIÑO PARA A "MELLORA DA CONEXIÓN ENTRE A EP-3102 TOMIÑO-SABARÍS E A PO-344 AO SEU PASO POLO NÚCLEO URBANO DE SEIXO".
11.-ROGOS E PREGUNTAS


Cítese ós membros de dito órgano no prazo legalmente establecido.

Tomiño, 17 de abril de 2017
A alcaldesa

 

Sandra González Álvarez

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones