Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño programa máis de 40 actividades culturais e 120 horas de lecer entre outubro e xaneiro

O Concello de Tomiño ofrece unha programación de outono-inverno con teatro, música, cinema, obradoiros e actividades familiares, e incorpora unha plataforma dixital para a compra anticipada de entradas.

O Concello de Tomiño ofrece unha programación de outono-inverno con teatro, música, cinema, obradoiros e actividades familiares, e incorpora unha plataforma dixital para a compra anticipada de entradas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Octubre de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O Concello de Tomiño vén de presentar a súa axenda cultural de outono-inverno, que inclúe arredor de 40 actividades e máis de 120 horas de lecer entre os meses de outubro e xaneiro. O programa abrangue teatro, música, cinema, obradoiros e propostas específicas tanto para público adulto como para familias.

A programación arranca esta mesma fin de semana cunha dobre cita teatral. O sábado 4 de outubro, ás 21:00 horas, a compañía Artika Cia levará ao auditorio municipal de Goián a obra Non pasarán, unha historia de medo, solidariedade e resistencia. Ao día seguinte, domingo 5, ás 17:30 horas, Excéntricas Producións presentará Monstros, un espectáculo infantil que convida a rir dos medos e aceptar as diferenzas.

Un outono cheo de cultura

A oferta inclúe 11 obras de teatro, case unha ducia de espectáculos musicais e doutros xéneros, cinco obradoiros para público infantil, catro sesións de cinema e tres cursos organizados pola OMIX de Tomiño. Ademais, o mes de decembro estará protagonizado polas celebracións do Nadal, con concertos da Coral Polifónica de Tomiño, da Banda infantil e xuvenil da Escola de Música e da Agrupación Musical de Goián, así como actividades solidarias e a tradicional Cabalgata de Reis.

Segundo explicou a alcaldesa Sandra González, o obxectivo é que a veciñanza "sinta que en Tomiño sempre hai algo que facer, algo novo que descubrir, un espazo para compartir en familia e tamén actividades pensadas para o desfrute individual". A rexedora subliñou ademais que “a cultura é unha ferramenta fundamental para fortalecer a comunidade, educar en valores e facer de Tomiño un concello máis aberto, dinámico e participativo”.

Novidade: plataforma en liña de entradas

Unha das principais novidades deste trimestre é a posta en marcha dunha plataforma en liña para a adquisición anticipada de entradas, que se suma á venda presencial, dispoñible unha hora antes de cada evento no despacho de billetes do auditorio.

A programación completa e actualizada pode consultarse na páxina web oficial do Concello de Tomiño, onde se detallan todas as propostas ata xaneiro de 2026.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí