Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño quere unha biblioteca municipal divertida, cálida e que convide á integración

As conclusións do proceso de xeración de ideas, que darán paso á redacción do proxecto técnico, foron presentadas este mediodía na Casa da Cultura

Participaron ademais da técnica responsable do estudo, a alcaldesa de Tomiño e a directora da rede de bibliotecas de Oleiros, quen relatou a integración dos centros parroquiais á rede pública

Fecha: 24 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

"Espazo de encontro, nave nodriza, espazo socio comunitario de cultura versátil, centro de recursos culturais e sociais, centro de ocio cultural social, espazo divertido e cálido que convide á creación e a integración..." son algunhas das definicións dadas pola xente de Tomiño, cando se lle preguntou como lle gustaría que fose a futura biblioteca municipal.

O sábado, ao mediodía, tivo lugar a presentación do estudo participativo levado a cabo durante catro meses, polo Concello co fin de coñecer as preferencias e necesidades da cidadanía respecto ao futuro centro, que estará situado no edificio anexo ao Mercado Municipal, pola rúa Colón.

Segundo os datos achegados pola técnica responsable do estudo, Susana Rodríguez, no proceso participaron máis 250 persoas de diferentes idades (de 3 a 90 anos) e sectores da poboación (educación, asociacións culturais, veciñais, deportivas, persoas con discapacidade, etc.),
As conclusións do traballo desenvolto, a partir de agora, darán pe é redacción do proxecto técnico da futura instalación.
O lema elixido para levar a cabo o estudo da biblioteca foi "Ideas que constrúen, sentando as bases da nosa biblioteca municipal", co fin de fomentar a participación e o debate.

A alcaldesa xustificou a realización deste estudo previo á redacción do proxecto. "O que pretendemos é lograr ter unha biblioteca querida e pensada pola cidadanía; dinámica, moderna, creativa, eficiente, integradora; que responda ás necesidades dos diferentes perfís sociais: nen@s, mocidade, comunidade educativa, maiores, etc.".

No que respecta á distribución do espazo, a veciñanza fixo moitas propostas: na planta baixa, "zona de ruído, ampla, diáfana, con paredes de cristal separando as oficinas; combinación de varios espazos (zona de audiovisuais, mediateca, zona de xogos educativos, zona de prensa, revistas, albumes ilustrados e cómics, zona de encontro de asociacións ou xuntanzas veciñais, zona para actuacións teatrais, charlas, zona de exposicións, etc.)". Houbo quen planeou a creación dunha "zona da memoria Tomiñesa ou cultura local (patrimonio, cultura, arte, investigación...), café-libraría, actividades para clubs de lectura, sala de ordenadores...".

A segunda planta, as persoas consultadas dixeron que debería contar, cunha zona de silencio e traballo de grupo; espazo dedicado a consulta e estudo, baños adaptados aula multiusos, e aula Cemit.

No acto, participou, coma convidada, Luz Corral, directora da rede de bibliotecas de Oleiros, que relatou a experiencia das bibliotecas e a integración dos centros parroquiais á rede, no seu concello.

Por último, Bea Campos e David González, de Migallas Teatro, ofreceron un conto de Castelao e outro tradicional galego-portugués: o "Tío Lobo".

 

DATOS de interese:
253 persoas participantes (ata o momento).
Idades: de 3 a 90 años.
Colectivos sociais:
Centros escolares: Infancia, adolescencia, xuventude. Profesionais, familias, alumn@s.
Desempregad@s, traballador@s en activo, xubilad@s.
Colectivos vulnerables: persoas con trastorno mental, en comunidade terapéutica, persoas-adult@s e nen@s- con diversidade funcional, física e intelectual. Profesionais da intervención, familias e usuari@s.
Texido asociativo: asociacións de veciños, asociacións culturais e musicais.
Sectores: profesionais de educación, arte, audiovisuais, informática, comercio local, servizos sociais, servizos culturais, voluntariado, servizos domésticos, universidade, música, tv, turismo, servicios sanitarios.
Número de entrevistas de grupo: 26
Número de bibliotecas visitadas: 21
Número de bibliotecas investigadas web: 17

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones