Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño recibe a visita do Presidente da Fegamp para coñecer de primeira man o modelo de xestión de auga

O Presidente, Alfredo García, interesouse polo traballo levado a cabo por Coxapo e o Concello de Tomiño que supón un exemplo a nivel europeo.

O Presidente, Alfredo García, interesouse polo traballo levado a cabo por Coxapo e o Concello de Tomiño que supón un exemplo a nivel europeo.

Fecha: 22 de Agosto de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño recibiu esta mañá a visita do Presidente da Fegamp, Alfredo García, co fin de coñecer de primeira man o traballo das traídas de auga en colaboración co Concello de Tomiño en materia de xestión da auga.

O Presidente da Fegamp, foi recibido a primeira hora da mañá na Casa do Concello pola Alcaldesa, Presidente de Coxapo e representantes das traídas de Tomiño. Rafael Carrera, asesor de Coxapo, e María Xosé Vázquez, anterior concelleira de Medio Ambiente, fixeron unha presentación do traballo levado a cabo nos últimos anos en materia da xestión da auga e que hoxe son exemplo á nivel europeo.

María Xosé Vázquez explicou as actuacións municipais en colaboración con coxapo e as traídas de Tomiño materializadas a través dunha liña de axudas competitivas con carácter plurianual destinadas a financiar proxectos para mellora dos sistemas de captacións de augas, de almacenamento e potabilización e da extensión sistemas de distribución de auga.

A actuación municipal ademáis, ten suposto outros investimentos e gastos asociados na mellora da transparencia e publicidade do estado das augas como son a potabilización obrigada das augas de consumo, e tramitacións que as comunidades de augas deben xestionar de forma obrigatoria. Unha actuación que engloba os controis obrigatorios da calidade das augas, os consumibles para a cloración e a elaboración de Protocolos Sanitarios ou inscrición no Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo.

Unha labor conxunto que a Alcaldesa destacou como "un exemplo na xestión responsable dun ben de primeira necesidade tan importen como é a auga". Sandra González fixo fincapé neste modelo de xestión como solución para o rural. Un modelo que se está collendo de referencia noutros lugares e que naceu da vontade desinteresada dos pioneiros locais que crearon redes de abastecemento veciñais. Un traballo que se perfeccionou a través das iniciativas de coxapo e que teñen suposto melloras salientables a nivel nacional e europeo.

O Presidente da Fegamp, acompañado do concelleiro de Servizos Públicos, Lois Váquez, o Presidente de Coxapo, Joaquín Pousa, e representates das traídas de augas de Tomiño, desprazouse a varias parroquias co fin de coñecer in situ o estado das comunidades de usuarios. As traídas escollidas foron as de Vilachán do Monte con 36 abastecidos e á 264 m de altitude, Mosteiro- Barrantes con 50 usuarios, Forcadela-Tomiño con 540 usuarios, Amorín con 232 beneficiarios, Estás con 250 usuarios e Torrón-Sobrada con 104.

Un percorrido por seis das trinta comunidades de usuarios que abastecen o municipio de Tomiño e que ofrecen unha visión ampla dos diferentes tipos de comunidade como a de maior altitude como Vilachán do Monte ou a máis grande do municipio como é a de Forcadela-Tomiño e das súas necesidades así como dos seus sistemas e diferentes solucións.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones