Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño recibe ás nenas e nenos saharauis que pasan o verán na comarca

As comarcas do Baixo Miño e Val Miñor acollen en total a 19 rapaces e rapazas de entre 7 e 12 anos

As comarcas do Baixo Miño e Val Miñor acollen en total a 19 rapaces e rapazas de entre 7 e 12 anos

Fecha: 20 de Julio de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

As comarcas do Baixo Miño e Val Miñor acollen en total a 19 rapaces e rapazas de entre 7 e 12 anos

O Concello de Tomiño ofreceu, coma cada ano, unha recepción aos nenos e nenas saharauis que pasan o verán en Tomiño e noutros concellos das comarcas do Baixo Miño e Val Miñor.

Acompañados polo delegado de zona do SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui), Henrique Porto, as familias de acollida, foron recibidas no Salón de Plenos do Concello, este mediodía, pola alcaldesa Sandra González, e outros concelleiros do equipo de goberno.

A rexedora tomiñesa deu a benvida a todos os nenos e nenas e agradeceu a xenerosidade das familias de acollida, reiterando a súa solidariedade co Pobo Saharaui.

Henrique Porto, pola súa banda, agradeceu sinceramente o apoio do Concello de Tomiño para poder continuar co programa, que cada verán, permite traer a algúns nenos e nenas a pasar a tempada estival na nosa terra.

Este ano as comarcas do Baixo Miño e Val Miñor acollen en total 19 rapaces de entre 7 e 12 anos, que pasarán en Galicia dous meses, antes de volver aos campamentos.

Deles, so unha nena, reside este verán cunha familia tomiñesa. Chámase Dakuma, ten 10 anos e é a primeira vez que vén a Galicia. Gústalle moito a praia e a pizza.

Todos os rapaces e rapazas recibiron un pequeno agasallo das mans da alcaldesa e concelleiros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones