Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño recibe unha achega da Deputación de máis de 55.000? do -Plan Concellos 2017-

A subvención, ao abeiro da liña 1 do plan, servirá para financiar obras de mellora no patio exterior da escola do Seixo

A institución provincial leva entregado o 44,36 % do 1.196.341,78 ? previstos para o concello de Tomiño neste curso

Fecha: 22 de Mayo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución provincial, unha nova achega ao concello de Tomiño ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2017. Nesta ocasión a vila recibirá unha achega de máis de 55.000 € que permitirá realizar melloras de seguridade e reordenación do espazo no patio exterior da escola do Seixo.

As reformas, que ascenden a 55.956,86 €, teñen por obxectivo reordenar o espazo para obter un maior aproveitamento do mesmo e que, ao mesmo tempo, permita o seu desfrute cunha maior seguridade e comodidade. Nas obras daráselle prioridade aos materiais naturais en pavimentos e xogos, e manterase unha zona de areeiro e horta xa existentes.

A subvención permitirá tamén a renovación do falso teito dos patios cubertos así como a plantación de árbores de folla caduca e a instalación de paneis de cor verde que mitigarán o impacto visual das medianeiras que hai no patio. Ademais, para a conexión entre o novo patio e o xa existente instalarase unha pérgola en madeira que permita un paso a cuberto entre eles.

Xunto con estas achegas, Tomiño ten recibido este ano a través do Plan Concellos 13.947,22 € destinados á mellora do terreo de xogo do campo de fútbol de Carballa, 212.962,95 para o saneamento dos núcleos de Vilachán e Sanomedio e 247.942,20 € para á contratación de 25 traballadores a través da liña 3. En total, a institución provincial adxudicou 530.809,23 € do 1.196.341,78 € previsto para a vila, o que supón o 44,36%.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones