Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TOMIÑO RECIBIRÁ TRES AXUDAS PARA MELLORAS DE SANEAMENTO E REFORMAS NA CASA CONSISTORIAL

Tomiño recibirá tres axudas, cuxo importe total acada os 658.389,11 ?, para melloras de saneamento en distintos puntos do concello e reformas na casa consistorial

Así, Tomiño recibirá tres axudas, cuxo importe total acada os 658.389,11 ?, para melloras de saneamento en distintos puntos do concello e reformas na casa consistorial

Fecha: 14 de Mayo de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar 17 novas axudas, por unha cantidade total de 2.965.935,46 € para 11 concellos da provincia, ao abeiro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

Así, Tomiño recibirá tres axudas, cuxo importe total acada os 658.389,11 €, para melloras de saneamento en distintos puntos do concello e reformas na casa consistorial, o que significa un 71% do Plan Concellos adxudicado. Pola súa banda, Silleda coas catro achegas de 457.216,49 € aprobadas hoxe para o acondicionamento de estradas e melloras de accesibilidade e saneamento na vila, percibiu xa o 100% do que lle corresponde á vila do Plan Concellos 2016, é dicir, 630.216,50 €.

Mondariz recibirá dúas axudas de 172.317,98 € destinadas a mellorar o saneamento no municipio, o que supón un 63% do Plan Concellos adxudicado. No caso de Lalín, coa achega de 502.026,20 € dirixidos á rehabilitación, saneamento e reforzo do firme da Ronda Norte-Este da localidade, percibiu o 56% do investimento da Deputación de Pontevedra.

Pola súa banda, a Xunta de goberno da Deputación aprobou a axuda de 349.005,63€ destinadas a obras de saneamento en Moaña o que, sumado ás anteriores achegas, significa un 40,6% do Plan Concellos adxudicado. Bueu recibirá 315.109,30 € para a restauración dun estaleiro, un 94,3% do plan entregado, e, pola súa banda O Porriño 150.000 € para melloras de saneamento que se traduce nun 71% do Plan Concellos adxudicado.

Tamén se aprobou a achega de 126.376,13 € para obras de pavimentación e saneamento en Moraña o que, sumado ás anteriores, significa un 53% do Plan Concellos adxudicado. Campo Lameiro recibirá 109.998,98 € para un humidal artificial, un 53% do plan entregado; o concello de Portas 63.549,20€ para a adquisición dunha depuradora, o que supón o 70% do Plan Concellos adxudicado; e 61.946,44 € para Ribadumia para obras na súa rede de saneamento que, xunto ás anteriores achegas aprobadas, tradúcese no 40,5% do Plan Concellos adxudicado.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, explicou que "en pouco máis de catro meses levamos investidos na provincia un total de 7.065.938,94 € no marco da liña 1 do Plan Concellos 2016, o que supón un grado de execución da mesma do 30,23%". Amais, Silva adiantou que o orzamento destinado a esta actuación, que ascende a 47 millóns de €, "será transferido na súa totalidade antes do verán ós concellos da provincia".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones