Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño recolle case 400 propostas para poñerlle nome á nova avenida que rodeará o núcleo do Seixo

Unha comisión de expertos reunirase este luns 21 para facer unha selección entre todas as ideas presentadas. Ese mesmo día comezará o prazo de votación popular, que estará aberto ata o vindeiro 28 de febreiro

Unha comisión de expertos reunirase este luns 21 para facer unha selección entre todas as ideas presentadas. Ese mesmo día comezará o prazo de votación popular, que estará aberto ata o vindeiro 28 de febreiro

Fecha: 19 de Enero de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Éxito de participación na recollida de ideas para poñerlle nome á nova avenida que rodeará o núcleo do Seixo. O Concello de Tomiño recolleu case 400 propostas durante a primeira fase da campaña ‘Ponlle nome!', un proceso participativo que invita á cidadanía a colaborar na proposta e elección da denominación desta nova rúa que nace co obxectivo de eliminar o tráfico de paso polo centro urbano da vila. Case a metade das propostas foron recibidas a través do espazo habilitado na web do Concello, mentres que na urna situada na Casa Consistorial depositáronse un 26% das ideas e na do Mercado Municipal o 24% restante.

"Estamos moi contentos coa resposta e coa implicación da xente na primeira fase da campaña. Esta infraestrutura vai supoñer unha mellora importante para todos os tomiñeses e tomiñesas e por iso nos parecía fundamental que se involucraran dende un principio con ela, que a sentiran como propia, incluso propoñendo e decidindo o nome que se lle vai poñer", salienta Sandra González, alcaldesa da vila.

Fase de votación do 21 de xaneiro ao 28 de febreiro
Tras o remate da fase de recepción de propostas, o vindeiro luns 21 de xaneiro un tribunal composto por persoas expertas e representativas da realidade tomiñesa, encargarase de analizar todas as propostas recibidas e de facer unha selección entre aquelas ideas que cumpran criterios básicos, como respecto ou orixinalidade, entre outros.

O mesmo día 21 abrirase o prazo de votación popular para que a cidadanía complete o proceso de elección, escollendo o seu nome favorito entre todas as propostas seleccionadas. Todos os tomiñeses e tomiñesas poderán depositar o seu voto novamente de forma presencial nunha urna instalada para tal fin, nas dependencias do mercado municipal e da Casa do Concello, ou de forma virtual a través do espazo dedicado a esta iniciativa na web municipal. Os veciños e veciñas poderán votar ata o 28 de febreiro de 2019. O concelleiro de Planificación Territorial, Uxío Benítez, espera que "a cidadanía continúe participando tan activamente na campaña, xa que se trata dun proxecto estratéxico que está feito por e para os tomiñeses e tomiñesas e que vai supoñer un antes e un despois para o municipio".


Un espazo pensado para as persoas
Con ‘Ponlle nome!', o Concello de Tomiño busca darlle voz e voto á cidadanía nunha das obras máis importantes do municipio, xa que materializan un proxecto reclamado historicamente polo Goberno municipal e levan consigo a transformación do centro da vila cara un espazo público pensado para as persoas, no que a mobilidade peonil e sustentable sexa unha prioridade, con accesibilidade universal e xerando unha maior calidade de vida urbana.


Esta nova avenida rodeará o núcleo do Seixo e permitirá eliminar o tráfico de paso do centro urbano. Cunha lonxitude de 1.400 metros, enlazará a estrada provincial EP-3102 polo Sur e a PO-344 (rúa Gondomar) polo Norte, dando unha saída natural á avenida da República Arxentina e rúa da Pedra cara o Leste do núcleo, e conectando o municipio coa futura Vía de Alta Capacidade (VAC) Tui-A Guarda. Esta variante comunicará os equipamentos situados na estrada provincial, como o CEP Pedro Caselles, a área deportiva de Mosteiro e a igrexa románica de Tomiño, con novos equipamentos como o centro de saúde, o centro de día e mesmo o IES Antón Alonso Ríos, desviando do núcleo urbano uns 10.000 vehículos.


A vía terá unha sección de 18 metros, dos que seis estarán destinados a unha senda peonil e ciclista con arborado, mentres que a calzada terá dous carrís para o tránsito rodado coas súas correspondentes beiravías. Con cinco rotondas e unha vintena de pasos de peóns sobreelevados para distribuír e calmar a circulación e garantir a seguranza viaria, a nova avenida estará delimitada a unha velocidade máxima de 30 km/h.


Cun investimento de 3,5 millóns de euros, a construción da nova avenida de Tomiño é un proxecto levado a cabo grazas ao convenio de colaboración entre Concello de Tomiño, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones