Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño recupera a memoria da música represaliada

Será este sábado 19 de novembro ás 12.00 horas de balde

Será este sábado 19 de novembro ás 12.00 horas de balde

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Noviembre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño recupera esta fin de semana a memoria da música represaliada. O Concello conmemora o día de Santa Icía, patroa da música, cun obradoiro a cargo do cantante, acordeonista, escritor, actor, director e locutor galego Xurxo Souto, unha xornada enmarcada no programa ‘O pasado por vir’ da Deputación de Pontevedra que busca axudar ao público a tomar conciencia de como o imaxinario que impuxo a ditadura franquista segue a funcionar e definir en parte o presente da nosa música. A actividade, de balde e aberto para todos os públicos, celebrarase este sábado 19 de novembro ás 12.00 horas no mercado municipal de Tomiño.

“Con esta actividade búscase descubrir o esplendor musical que lle roubaron á sociedade facendo un percorrido polos proxectos musicais destruídos tras o golpe de Estado de 1936 e reivindicar a dignidade das persoas artistas que sufriron a represión neses días de barbarie”, sinala a alcaldesa, Sandra González. O obradoiro acolle diferentes testemuños orais e algunha referencia literaria coa pretensión de que esas achegas “sirvan de estímulo para que as persoas que participen na actividade conten as historias dos e das artistas da súa contorna”.

Licenciado en Filoloxía Clásica e líder e vocalista de Os Diplomáticos de Monte Alto entre 1990 e 2001, Xurxo Souto será o encargado de guiar ao público nesta viaxe por esta memoria histórica musical. Dende 1986 Souto traballou en diversos programas de radio en galego, colaborou con varias publicacións como a revista ‘Bravú’ e foi subdirector de programas da Radio Galego, onde tamén dirixía ‘Aberto por reformas’, un espazo caracterizado por emitir exclusivamente música en galego. Actualmente forma parte do grupo Os Tres Trebóns, onde se encarga da voz e do acordeón.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí