Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño reivindica de xeito colectivo e unánime a igualdade no Día Internacional da Muller

Alumnas do IES Antón Alonso Ríos leron poemas de tres autoras feministas de diferentes países

Alumnas do IES Antón Alonso Ríos leron poemas de tres autoras feministas de diferentes países

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Marzo de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Nunha mañá de ballóns intermitentes, Tomiño foi quen de conmemorar o Día Internacional da Muller. Na Praza do Seixo, a carón do Concello, cuxa fachada vestía unha lona alusiva ao 8M, representantes dos tres partidos políticos que forman a corporación municipal (BNG, PP e PSdG-PSOE), Policía Local, Garda Civil, Protección Civil e coordinadora dos servizos sociais, deron lectura á “Declaración Institucional con motivo do 8 de marzo, día Internacional dos dereitos da muller”.

“Novamente, os grupos políticos con representación no Concello de Tomiño, veñen a mostrar a súa unidade con motivo do 8 de marzo; Día Internacional dos dereitos da muller. Este ano 2022, a Organización das Nacións Unidas escolleu o lema a Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible , recoñecendo os esforzos de mulleres e nenas para un futuro máis sostible”, comezou a lectura a concelleira de Igualdade e Benestar, Cristina Martínez.

Así, todos os grupos políticos do Concello foron deixando constancia do seu compromiso común coa igualdade plena, efectiva e real entre mulleres e homes. E a tal efecto, acordaron, entre outras accións, organizar campañas permanentes de concienciación social e sensibilización en favor da igualdade; traballar na visibilización e posta en valor do papel das mulleres nos distintos eidos, especialmente nos eidos científicos e de novas tecnoloxías; recoñecer ás achegas das mulleres rurais no desenvolvemento social e económico; afondar no compromiso para a posta en marcha de iniciativas municipais e medidas dirixidas á mellora da prevención, detección e abordaxe da violencia de xénero, e axilizar a creación dun CIM (Centro de Información á Muller) para Tomiño e Tui.

A alcaldesa, Sandra González, foi a encargada de rematar a lectura da declaración institucional e agradeceu a participación de todos os colectivos presentes (membros da corporación municipal, Asociación Vontade, Centro de Día, IES e veciñanza en xeral), salientando a importancia de enfrontarse ao tema da igualdade e da violencia de xénero de xeito colectivo.

Seguidamente, a chuvia obrigou ás persoas presentes a desprazarse até o Mercado Municipal, en cuxo 2º andar, tivo lugar a lectura de poemas por parte de catro alumnas de 1º de Bacharelato do IES Antón Alonso Ríos. Maika, Iria, Aylen e Lorena leron poemas das escritoras Rupi Kaur (Punyab. India), Marguerite Annie Johnson, máis coñecida como Maya Angelou (Misuri. EE.UU.) e Mª do Cebreiro Rábade Villar (Galicia. España). María Fernández ao clarinete e o profesor Luis Lechuga á guitarra, puxeron a nota musical. E Laura Calvo foi a autora dos retratos das autoras que as súas compañeiras amosaban durante a lectura poética.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí