Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño remodela un segundo mercado municipal, na parroquia de Goián

O proxecto foi realizado grazas á financiación da Dirección Xeral de Comercio e do Concello de Tomiño, con 70.000 euros da Xunta e 35.500 de achega municipal

O proxecto foi realizado grazas á financiación da Dirección Xeral de Comercio e do Concello de Tomiño, con 70.000 euros da Xunta e 35.500 de achega municipal

Fecha: 17 de Diciembre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Os veciños e veciñas de Goián, a segunda máis habitada de Tomiño, estreará o vindeiro A 22 de decembro, un mercado renovado e especializado en produtos da terra. Unha nova aposta do Concello de Tomiño que pretende dar un paso mais na defensa dos produtores locais e dos produtos de proximidade.

Tras unha reforma integral levada adiante polo mesma equipa que remodelou o Mercado Municipal de Tomiño, recentemente distinguido pola Xunta de Galicia co primeiro Selo de Mercado Excelente de Galicia, abrirá as dúas portas este novo espazo comercial, no que a característica mais destacable será a presenza de produtos de alta calidade do entorno.

Carnicería-chacinaría, peixería, frotaría-verdulería e tenda ecolóxica, conformarán esta nova oferta chea de sorpresas.
Alto da Aldea é unha carnicería-chacinaría que comercializará tenreira cachena, porco celta e cabra galega. As carnes proceden de animais criados na parroquia de Goián e transformados en embutidos no propio mercado, no obradoiro deste establecemento. A Videira porá á venda froitas e verduras cultivadas no Baixo Miño polos propietarios deste negocio, así como doutros vexetais procedentes doutras hortas. Peixería Estrela contará cun amplo surtido de peixes e mariscos da ría, e Alce Tendaecolóxica vai ofrecer produtos ecolóxicos, de proximidade e a granel, ademais de pequenas degustacións caseiras apostando sempre por unha alternativa máis sustentábel.

Un proxecto feito a medida dos desexos da veciñanza
O proxecto foi realizado grazas a financiación da Dirección Xeral de Comercio e do Concello de Tomiño, no marco das axudas para a creación de Novos Espazos de Emprendemento Comercial (70.000 euros máis 35.500 de achega municipal), e vén colmar as expectativas da poboación desta parroquia que maioritariamente expresou o seu desexo de conservar o antigo mercado, no proceso participativo que o concello puxo en marcha antes da redacción deste proxecto de reforma.
Así, a partir do vindeiro sábado 22, Goián contará cun novo espazo comercial emprazado no corazón da localidade que aspira tamén a ser un lugar de encontro da veciñanza.

A alcaldesa de Tomiño,Sandra González, explica que este segundo mercado, aínda que máis pequeno e modesto que o situado no centro do municipio, responde tamén á vontade do goberno local de apostar polos produtores locais, os produtos de proximidade, de calidade; unha atención profesional e directa, e ao mesmo tempo, fomentar a creación de autoemprego no eido local.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones