Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño rende homenaxe a Daniel Pino Vicente, destacado sociólogo e veciño de Forcadela

Nun emotivo acto cívico, celebrado no marco das Festas do Alivio, amigos, colegas, familiares e políticos felicitaron ao profesional, que é o décimo -tomiñés distinguido-

Nun emotivo acto cívico, celebrado no marco das Festas do Alivio, amigos, colegas, familiares e políticos felicitaron ao profesional, que é o décimo -tomiñés distinguido-

Fecha: 13 de Septiembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

A Corporación Municipal do Concello de Tomiño, coa alcaldesa Sandra Gonzalez á cabeza, rendeu onte un sentido homenaxe ao sociólogo urbanista Daniel Pino Vicente, veciño de Forcadela, converténdoo deste xeito, no décimo "tomiñés distinguido" no Acto Cívico do Alivio, organizado polo Concello e no que se contou coa actuación da Agrupación Musical de Goián.

Ademais de políticos e pobo en xeral, o homenaxeado estivo arroupado por familiares, amigos e colegas, que se achegaron até a Praza do Seixo, fronte á Casa do Concello, dende diferentes puntos de Galicia. Entre os convidados atopábase tamén a maioría dos tomiñeses distinguidos en anos anteriores.
Daniel Pino foi o primeiro en tomar a palabra para agradecer sinceramente o recoñecemento popular. "Estou sinceramente agradecido a esta corporación liderada por Sandra, que ten levado a Tomiño a recuperar un pulo que tiña perdido. Gracias, pois. Noraboa e adiante. Nesa viaxe que Tomiño está a levar conten comigo en todo o que eu poda ofrendar", sinalou visiblemente emocionado.
A continuación deu lectura a un poema do seu libro No leme das lembranzas, "para acreditar o meu amor pola miña terra".

A alcaldesa, pola súa banda, definiu a Daniel Pino coma "un adiantado" para a súa época, salientando a súa traxectoria no ámbito do urbanismo dende una perspectiva sociolóxica, ademais de resaltar os seus valores persoais. "Daniel Pino é un tomiñés adiantado ao seu tempo, unha persoa que tivo claro dende neno que tiña que estudar para progresar, que viaxou por Europa, que sabía que a democracia era o futuro, cando apostar por ela era arriscar a vida; que tivo claro que coñecer a pel e a textura do país era importante para ordenalo e para darlle un futuro".

Daniel Pino Vicente é un profesional respectado en todo o territorio español coma un dos grandes estudosos do planeamento e do urbanismo, o que lle valeu numerosos premios e distincións nacionais e internacionais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones