Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño renova o repetidor de comunicacións de Protección Civil

Con esta modernización continúase investindo nun servizo de seguridade e protección dos veciños e veciñas

Con esta modernización continúase investindo nun servizo de seguridade e protección dos veciños e veciñas

Fecha: 22 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de renovar o repetidor de telecomunicacións empregado por Protección Civil, o que consegue enriquecer o servizo que estes voluntarios e as voluntarias prestan á poboación do municipio. Con este cambio non soamente se melloran as comunicacións, senón que se fai unha actualización respecto á nova normativa nacional, xa que é necesario que todos os corpos do estado empreguen frecuencias dixitais en lugar de analóxicas. Ademais, supoñe un avance respecto á protección de datos.

O Concello de Tomiño fixo un investimento de arredor de 3.000 euros nesta renovación, que xa funciona a pleno rendemento. Esta non foi a única mellora no servizo, xa que ao longo do ano adquiríronse outras importantes equipas, coma unha embarcación tipo zodiac para emerxencias e servicios no río a través dunha subvención da Xunta de Galicia que xa foi empregada en varios eventos.

O servizo de Protección Civil está formado por 25 voluntarios e voluntarias que se esforzan por atender as incidencias que poidan xurdir e asisten a velar pola seguridade en eventos de índole deportivo, cultural ou social de todo tipo no municipio, sempre de xeito desinteresado. No que levamos de ano, calcúlase que levan cubertas case unhas 270 saídas máis as emerxencias, que atenden as 24 horas do día.

Levan activos dende a ano 1991 coa súa base instalada en Tomiño, na parroquia do Seixo. A organización pertence ao Concello e está financiado tanto con fondos municipais como con subvencións da Xunta de Galicia para poboacións inferiores a 50.000 habitantes en función do número de saídas atendidas e outros parámetros. Entre a dotación da que dispoñen destacan un camión de bombeiros, un furgón 9 prazas Ford Transit 110 T330, un vehículo todoterreo Volkswagen Amarok, traxes especiais para incendios, emisoras e diversos materiais para as súas actuacións.

Dende o Concello de Tomiño queren agradecer a todos os voluntarios e voluntarias que traballan día a día de xeito desinteresado e sen remuneración no servizo de Protección Civil o importante labor que desenvolven ao longo de todo o ano no municipio, unha tarefa admirable e digna de recoñecemento e gratitude.

Para máis información, consulta ou para unirse e colaborar coa agrupación pódese visitar a base de persoas voluntarias de Protección Civil do Concello de Tomiño, atopada no Barrio da Rocha número 8.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones