Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño rinde tributo ao seu mestre máis destacado, Antón Alonso Ríos

O Concello celebra unhas xornadas adicadas ao mestre agrarista con charlas, relatorios, mesas redondas e unha exposición

O Concello celebra unhas xornadas adicadas ao mestre agrarista con charlas, relatorios, mesas redondas e unha exposición

Fecha: 02 de Octubre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O pasado mes de novembro de 2016 Tomiño elixiu por votación popular recoñecer a labor e a aportación do persoeiro Anton Alonso Ríos bautizando ao instituto que fora durante anos IES Tomiño co seu nome.

O martes inauguranse unhas xornadas adicadas a rendir tributo e lembranza a esta figura fundamental da historia de Tomiño, do Baixo Miño e de Galicia no campo do ensino e da política no movemento agrarista durante a II República.

Antón Alonso Ríos naceu en Silleda en 1887 no seo dunha familia labrega. A pesares do seu orixe humilde foi quen de cursar maxisterio, mostrando dun xeito temprano un grande interés polo ensino, e estudou da mán de un dos académicos máis destacados da época, Víctor Fraiz Andión.
Desenvolveu a súa vocación educativa na Arxentina, onde emigrou e comezou a súa actividade en torno ao asociacionismo galego na emigración e co movemento agrarista.
De volta en Galicia foi director da escola da emigración "Aurora do Porvenir" de Tomiño. Os seus métodos innovadores no ámbito do ensino e a actividade desenvolvida nesa escola, baseados no aprendizaxe a través da experiencia, do aprender facendo, e da posta en marcha de métodos de ensino traidos doutros lugares do mundo fixeron que a reputación da Aurora do Provenir e do seu traballo traspasara fronteiras e foran ben coñecidos en boa parte de Galicia e outros lugares de Europa, convertindoa nunha encola de vanguarda no ensino rural.
A actividade política de Antón Alonso Ríos destaca polo seu tesón no impulso dun modelo de desenvolvemento e transformación do rural a través do ensino orientado ao agro. O seu discurso político do impulso da igualdade social nun rural próspero levouno a formar parte das Cortes de 1936 como diputado.
O Golpe militar e o conflicto bélico fixeron que a súa vida e a da súa familia estivera comprometida. Durante máis de dous anos sobreviviu percorrendo a xeografía galega facendose pasar polo esmoleiro portugués Sr. Afranio, até que foi quen de chegar a Portugal e de ahí de volta á Bos Aires, onde chegou como exiliado político. Faleceu en 1980 sendo o máximo representante do Consello de Galicia.

Na actualidade a súa obra literaria sobre educación e política é estudiada por historiadores e profesionais da educación. Os seus antigos alumnos de Tomiño, de moi avanzada idade, aínda lle lembran como o gran mestre que foi.

Tomiño rinde merecido tributo ao seu gran mestre, a partires do martes 3 de outubro. A Alcaldesa de Tomiño destaca estas xornadas como imprescindibles e fundamenta a aposta do goberno local nesta inciativa no convencemento de que o futuro exitoso dun pobo pasa irremediablemente polo coñecemento e lembranza da súa historia.

A programación das Xornadas Antón Alonso Ríos pode consultarse na web e redes sociais municipais.

Máis información e inscricións en tomino.gal. Aforo limitado 100 persoas.


PROGRAMACIÓN:

- Martes 3 de outubro, ás 11.30h
Inauguración das Xornadas, coa participación dos alumnos e alumnas do IES Antón Alonso Ríos

- Mércores 4 de outubro, ás 19:00h
Relatorio "Antón Alonso Ríos, O percurso dun activista entre dous mundos" a cargo de Xosé Manoel Núñez Seixas

- Xoves 5 de outubro, ás 19:00h
Relatorio "Antón Alonso Ríos: Ensino, Política e Conciencia cidadá" a cargo de Xosé Manuel Malleiro Gutiérrez

- Venres 6 de outubro, ás 19:00h
Proxección do documentario "Siños Afranio"
Mesa Redonda coa participación de:
- Victor Aparicio "Coyote", Director do documentario
- Diego Clemenz: neto de Antón Alonso Ríos
- Mario Rodríguez Gómez: amigo da familia
- Xulio Carballo: sobriño neto de Antón Alonso Ríos

Exposición durante todas as xornadas "Antón Alonso Ríos. Política e pedagoxía para un país"

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones