Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño senta as bases da organización da Campaña -En Negro contra as Violencias 2018-

A alcaldesa Sandra González, asistiu o pasado luns, a unha primeira reunión con axentes sociais e varios colectivos do Concello

Contouse con -Voces Novas-, o Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, que amosou unha grande implicación

Fecha: 11 de Octubre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, presidiu o pasado luns, unha primeira reunión con axentes sociais e varios colectivos do Concello, para sentar as bases da organización da Campaña "En Negro contra as Violencias 2018", que se porá en marcha con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O Concello de Tomiño adheriuse por primeira vez a esta campaña o pasado ano, e este renova "o seu compromiso político e técnico con esta acción colectiva e transversal para a sensibilización social contra as violencias machistas, que implica a participación activa, baixo a coordinación do Concello, da poboación e do tecido económico e social", explicou a alcaldesa.

Este ano compre destacar a participación dende esta primeira reunión, de Voces Novas, o Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, que amosou unha grande implicación.

Durante o mes de outubro e primeiros de novembro, dende o Concello iranse perfilando as distintas accións da campaña deste ano, contactando individualmente con establecementos da vila, e anunciando a chegada do material que será repartido por espazos privados e públicos.

Dende o seu inicio no 2015, esta campaña foise expandindo por toda Galicia, e hoxe son xa 85 concellos adheridos e 3 deputacións provinciais.
No 2017, a participación de establecementos, negocios, asociacións, centros educativos, e axentes sociais foi masiva. Así, os comercios e lugares públicos cubriron os seus espazos co material da campaña, que en letras brancas sobre fondo negro, co logotipo creado especialmente pola deseñadora Uqui Permui, reflectían a orixe da violencia machista e as súas consecuencias; as redes sociais foron durante días un espazo de denuncia.

E, tal como se lembrou nesta primeira reunión celebrada no Concello de Tomiño, esta campaña serviu tamén, e sobre todo, para trasladar á veciñanza o debate sobre a flagrante vulneración dos dereitos humanos que encarna a violencia machista, nas súas distintas manifestacións.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones