Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TOMIÑO TEN SABOR: BIOMERCADO NO MERCADO DE TOMIÑO O DOMINGO 27 DE SETEMBRO

Domingo 27 de Setembro na Praza do Seixo e no Mercado de Tomiño das 11:00h as 21:00h

Domingo 27 de Setembro na Praza do Seixo e no Mercado de Tomiño das 11:00h as 21:00h

Fecha: 26 de Septiembre de 2015

Fuente: Mercado de Tomiño


Unha grande feira de produtos bio, eco e artesáns. Mais de 60 postos de venda e degustación, con ambientación musical, clases de sumba, zonas de relax, charlas e actividades ó redor da alimentación e a vida saudable.

Na Praza do Seixo e no Mercado de Tomiño. das 11:00h as 21:00h

O Concello de Tomiño ven de presentar o programa de "Tomiño ten sabor". Un conxunto de actividades organizadas de cara a promocionar o mercado municipal e que apostan pola comida e polos hábitos saudables.


O programa presentado esta mañán contén cursos de cociña para os máis pequenos que comeza este xoves día 24 no primeiro andar do mercado municipal. Máis de 20 nenos e nenas de Tomiño poderán iniciarse na cociña e adquirir hábitos e coñecementos saudables dun aprendizaxe lúdico-didáctico. O curso remata o domingo 27 de setembro, día no que se celebrará na Praza do Seixo un biomercado.


O Biomercado é unha gran feira na que estarán presentes máis de 60 postos e nos que se inclúen dende postos de venta de productos ecolóxicos, postos de comida e bebida, artesanía, roupa feita a man e comercio xusto até unha zona de masaxes e shiatsu, sesións de zumba e ioga da risa e música en directo da man do cantautor de música tradicional Javier Ruiz. O Biomercado celebrarase na Praza do Seixo e comezará dende ás 11h até as 21h.


Ademáis, do biomercado do domingo, os martes 6, 13 e 20 de outubro impartirase un curso de cociña para homes. É un curso pensando para animar aos homes a cociñar e a mercar no mercado. O horario do curso será de 18h30 a 19h30.


Tamén, contaremos cunha campaña para aprender a "mercar con xeito" que correrá a cargo dos praceiros. A actividade consistirá en adquirir coñecementos básicos sobre os productos básicos como poden ser diferenciar as partes da vaca ou do porco, aprender a recoñecer a frescura do peixe, etc. "Mercar con xeito" levarase a cabo os xoves de 18h30 a 19h30 no mercado municipal os días 8, 15 e 22 de outubro.


"Sábados con sabor" voltará neste mes de outubro e por o prezo de 5€ podermos degustar dúas tapas e dous viños.


A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou "a importancia de promover o mercado e os seus productos de calidade. O mercado de Tomiño conta con productos de cercanía e que polo tanto teñen case nulo impacto ambiental". González salientou ademáis "a organización dunha programación completa que busca ser práctica para os veciños e veciñas e na que os praceiros son os principais promotores".


Carlos Rodríguez, organizador do Biomercado, adiantou o programa do mercado no que se inclúen "actividades de lecer e formativas que encheran a Praza do Seixo de vida saudable. O domingo no Seixo poderás comer dende comida vegana até visitar unha exposición de pintura ou practicar zumba".


Antonio Tartaglione, concelleiro de Promoción Económica, salientou pola súa parte o carácter formativo dos cursos de cociña e agradeceu a labor dos praceiros e praceiras do mercado polo seu traballo de dinamización. Tartaglione comentou esta mañán que "todos os públicos, dende os máis pequenos até os adultos poderán aprender non só de cociña senón de hábitos saudables"

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones