Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño terá na súa IV Semana da Educación ao xenetista catalán David Bueno, para falar sobre a neurociencia e a súa relación coa aprendizaxe

Durante catro días, destacados profesionais do mundo da comunicación, a psicopedagoxía e a investigación afondarán en diversos aspectos do proceso educativo

Durante catro días, destacados profesionais do mundo da comunicación, a psicopedagoxía e a investigación afondarán en diversos aspectos do proceso educativo

Fecha: 07 de Febrero de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O biólogo e xenetista catalán David Bueno, será unha das catro personalidades da Semana de Educación de Tomiño, que se celebrará no Auditorio de Goián entre os días 4 e 7 de febreiro.

Por cuarto ano consecutivo o Concello de Tomiño organiza este foro para que docentes, discentes, educadores, pais, nais e público en xeral, poidan achegarse para formarse e informarse sobre diferentes temáticas educativas en colaboración con recoñecidos profesionais. "Baixo o lema ‘Educación activa, sociedade proactiva', nesta cuarta edición continúase a poñer de manifesto a importancia da educación na sociedade, unha firme aposta do Concello de Tomiño, que leva traballando moito tempo de cara a potenciar as capacidades e habilidades do alumnado, fomentando a implicación e involucrando a todos os axentes que participan no proceso", explica Sandra González, alcaldesa de Tomiño e responsable da área de Educación.

Como vén sendo habitual, durante catro días, destacados profesionais do mundo da comunicación, a psicopedagoxía e a investigación afondarán en diversos aspectos da educación e da aprendizaxe. O prazo de inscrición, gratuíta, xa está aberto a través dun formulario dispoñible na web www.tomino.gal
Para que nais e pais poidan acudir ás conferencias con tranquilidade, habilitarase un servizo de gardería de balde no propio auditorio; é necesario facer constar a necesidade de utilizalo no formulario de inscrición.


Conferencias
David Bueno, que pechará o ciclo de conferencias, o xoves 7 de febreiro, é probablemente o conferenciante máis coñecido polo público, pola súa activa labor de divulgación científica. Doutor en bioloxía e profesor de xenética na Universidade de Barcelona, a súa traxectoria profesional e académica desenvolveuse en Barcelona e Oxford, centrándose na xenética do desenvolvemento e a neurociencia, e a súa relación co comportamento humano. Sobre estes temas, Bueno publicou máis de cincuenta artigos científicos en revistas especializadas, e coma divulgador, sete libros para achegar a ciencia á cidadanía, así como tamén, varios libros de texto e colaboracións habituais con varios medios de comunicación. A súa conferencia do día 7 leva por título "Sorpresa! Que quere aprender o cerebro" e tratará de dar as claves para sacar o mellor proveito del nos procesos de aprendizaxe.

A primeira charla "Xestión do cambio educativo. Máis aló das modas", será o luns 4 de febreiro e estará a cargo da bióloga e profesora Coral Regi, directora da Escola Virolai de Barcelona.

Jorge Úbeda, doutor en filosofía, director da Fundación Promaestro e profesor asociado da Universidade Complutense (Madrid) as claves para centros educativos, docentes e familias, na súaconferencia do día 5 "Por unha educación baseada no coñecemento", e
Iria Marañón, autora dos libros "Educar en el feminismo" e "Libérate da carga mental", terá ao seu cargo a conferencia "A igualdade tamén se aprende", o mércores 6.
Todas as conferencias serán ás 19.00 horas no Auditorio Municipal de Goián.

Para máis información sobre este evento, pódese chamar ao Departamento de Educación e Cultura, ou consultarse o seguinte enlace: https://www.facebook.com/events/759655154391922/

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones