Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Tomiño terá un edificio municipal de categoría enerxética A, pioneiro no seu tipo na comarca

Cun orzamento total superior aos 237.000 euros, e unha achega municipal de máis de 60.000, o Concello emprende as obras para a mellora e sostibilidade do edificio do antigo centro de saúde, agora adicado ás concellería de Benestar, Cultura e Deporte

Cun orzamento total superior aos 237.000 euros, e unha achega municipal de máis de 60.000, o Concello emprende as obras para a mellora e sostibilidade do edificio do antigo centro de saúde, agora adicado ás concellería de Benestar, Cultura e Deporte

Fecha: 11 de Diciembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de emprender as obras para a rehabilitación enerxética do antigo centro de saúde, cun orzamento total de 237.000 euros, e unha achega municipal de máis de 60.000.

Trátase dun proxecto de mellora da calidade e sostibilidade do edificio hoxe adicado á atención ao público das áreas de Benestar Social, Cultura, Turismo, Mocidade, Deporte, Protección Civil e Policía Local.
 
A actuación comprende concretamente a instalación dun sistema de illamento térmico en paredes exteriores; cambio de tellado e carpintería exterior, así coma a instalación dun sistema novo de iluminación led, recuperador de calor. A colocación de arborado que protexa da chuvia a fachada oeste é outra das particularidades do proxecto.

As obras, que estarán rematadas en 12 meses, darán coma resultado un edificio municipal de categoría enerxética A, pioneiro no seu tipo na comarca, pensado para lograr un grande aforro en altos consumos. . "Deste xeito, péchase o ciclo de subministro e autosuficiencia cun carácter local, engadindo un valor maior a un edificio público e servindo coma exemplo de sostibilidade e sensibilización co medio ambiente", explica a alcaldesa, Sandra González.

De forma paralela, estase a levar a cabo a mellora enerxética do propio Concello, coa instalación dunha caldeira de biomasa policombustible, que funcionará tanto con pelets, coma con astillas de pino ou carballo dos propios montes tomiñeses.

A continuación emprenderase a rehabilitación enerxética do edificio coñecido coma Escola Obradoiro de Goián, continuándose coas obras de mellora na envolvente, tellado e ventás do mesmo.

Todos estes proxectos son posibles grazas á concesión en concorrencia competitiva de subvencións a proxectos singulares de entidades locais, no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020. O Concello de Tomiño solicitou catro subvencións ao IDAE, logrando obter a totalidade delas, que suman máis de 1 millón de euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí