Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño tínguese de negro contra as violencias

Todos os tomiñeses e tomiñesas están convidados a participar nas actividades que se levarán a cabo

Todos os tomiñeses e tomiñesas están convidados a participar nas actividades que se levarán a cabo

Fecha: 24 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Aínda que o morado é o color que soe tinguir o 25 de novembro este ano Tomiño conmemora o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres vestido de loito. Ata o vindeiro domingo 26 de novembro, escaparates, rúas, edificios públicos, redes sociais e mesmo a roupa de traballo de moitos comerciantes tínguense de negro en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte.

Esta iniciativa enmárcase na campaña de sensibilización ‘En negro contra as violencias', unha iniciativa á que este ano se adheriu o Concello de Tomiño xunto a outros 74 municipios e tres deputacións de toda Galicia para visibilizar e denunciar o máximo expoñente da desiguadade que sofren as mulleres, a violencia de xénero.

Dende o Concello queren invitar a toda a cidadanía a participar nesta campaña e a acudir este venres 24 de novembro á lectura do manifesto que terá lugar ás 12.00 horas na Praza do Seixo con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un manifesto conxunto que supón o colofón final a unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas capaz de implicar ao tecido asociativo, económico, cultural, educativo e social de cada concello como resposta colectiva ante as violencias.

Todos os tomiñeses e tomiñesas están convidados a participar tamén na sesión de ‘Contacontos pola igualdade' que se celebrará no Mercado Municipal de Tomiño o sábado 25 de novembro a partir das 19.00 horas. A programación co gallo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres rematará co espectáculo e obradoiro ‘Contamos todas', que levará a cabo Tropa de trapo o vindeiro 28 de novembro no IES Antón Alonso Ríos.
 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones