Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño vén de publicar as bases do -Circuíto Cultural 2022- co fin de promocionar as agrupacións musicais tradicionais do municipio

O prazo de presentación das solicitudes será cunha antelación mínima de 30 días á data da actuación solicitada

O prazo de presentación das solicitudes será cunha antelación mínima de 30 días á data da actuación solicitada

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Abril de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de publicar as bases do "Circuíto Cultural" 2021 co obxectivo de promocionar un ano máis as agrupacións musicais tradicionais do municipio.

Poderán solicitar a inclusión no Circuíto Cultural as seguintes agrupacións: bandas de música, corais, bandas de gaitas, treboadas, pandereiteiras, murgas ou charangas e grupos de acordeóns. As Comisións de Festas e outras entidades organizadoras deberán poñerse en contacto coas agrupacións que aceptaron participar no Circuíto Cultural para contratalas e concretar a data da actuación, sendo exclusivamente un acordo entre as dúas partes.

As contías máximas dos distintos tipos de agrupación con sede social en Tomiño son as seguintes:

  • Banda de Música 400,00 €
  • Corais 200,00 €
  • Bandas de gaitas (con máis de 30 compoñentes) 300,00 €
  • Grupos de Gaitas 200,00 €
  • Treboadas 200,00 €
  • Pandereteiras 150,00 €
  • Murgas ou Charangas 150,00 €
  • Grupos de Acordeóns 150,00 €

O crédito orzamentario total comprende o gasto por importe de 14.000€.

As solicitudes presentaranse a través Sede Electrónica do Concello de Tomiño ata o 2 de decembro 2022, (será obrigatorio a presentación a través da sede electrónica para as asociacións. O modelo de solicitude está ubicado na seguinte URL: https://tomino.sedelectronica.gal/dossier.1),  e dende o día seguinte á publicación da convocatoria das presentes bases na páxina web http://www.tomino.gal e no Portal de Transparecia do Concello de Tomiño, na seguinte URL: 

https://tomino.sedelectronica.gal/transparency/9328420c-cb70-4a0c-939e-93f945339125/  , conforme ao Modelo (Anexo I) que acompaña a estas Bases.

O prazo de presentación das solicitudes será cunha antelación mínima de 30 días á data da actuación solicitada. Toda aquela solicitude que sexa presentada fóra de prazo poderá ser desestimada.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí