Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

TOMIÑO VOLVE A SER PUNTO DE ENCONTRO DO SECTOR DO VIVEIRISMO EN GALICIA

A 12ª edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño, organizada por AcuBam e o Concello, será os días 28 e 29 de marzo, en Goián.

A 12ª edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño, organizada por AcuBam e o Concello, será os días 28 e 29 de marzo, en Goián.

Fecha: 28 de Febrero de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

Como cada ano, nesta ocasión cun mes de adianto, terá lugar no Pavillón Municipal de Goián, a 12ª edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño, un evento que reúne a todos os sectores do mundo do viveirismo: planta ornamental, flor cortada, transporte, horta, fruticultura e  empresas auxiliares. 

Organizada por AcuBam (Asociación Cultivos Baixo Miño) e o Concello, a feira celebrarase os días 28 e 29 de marzo.

Na edición de 2014 celebrouse, por primeira vez, unha xornada dirixida exclusivamente aos profesionais, con gran éxito de participación.

Polo mesmo, este ano, a xornada do sábado volve centrarse no público profesional, que poderá realizar visitas aos centros de produción da comarca, de forma individual ou en grupos concertados, coñecendo de primeira man as principais empresas do sector.

O prazo de inscrición para expositores está aberto xa (até o 28 de febreiro) e o trámite pode realizarse en liña desde www.acubam.es ou contactando coa asociación nos teléfonos 609805428 ou 628174489, ou ben, enviando un correo electrónico a acubam@acubam.es

Datos de interese

Segundo datos aportados por AcuBam, o 75% da planta galega que se exporta é producida nos viveiros da comarca do Baixo Miño.

A distribución dos cultivos faise principalmente en España (60 %) e o 40% restante vai para o estranxeiro. Portugal, Francia, Reino Unido, Italia, Bélxica, Holanda, Alemaña e Suíza son os principais importadores desta produción.

O microclima existente na zona permite o cultivo de planta que complementa a outras máis asentadas en países coma Inglaterra, Holanda, Bélxica, Alemaña, Italia ou Francia.

Máis información en:

http://mostradecultivos.eu/mirando-europa/

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí