Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TRECE CONCELLOS DO SUR DE PONTEVEDRA VERÍANSE BENEFICIADOS CON VARIOS MILLÓNS DE EUROS DO PROGRAMA LEADER DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2014-2020

As liñas estratéxicas serán presentadas dentro de catro meses para a súa valoración e aprobación, segundo informou a alcaldesa de Tomiño e presidenta do AGDR 14

As liñas estratéxicas serán presentadas dentro de catro meses para a súa valoración e aprobación, segundo informou a alcaldesa de Tomiño e presidenta do AGDR 14

Fecha: 11 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O grupo de desenvolvemento rural AGDR 14 MAIV-Baixo Miño, formado polos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Soutomaior, Tui e Tomiño (uns 145.000 habitantes), prepara xa o documento coas estratexias de acción que presentará á convocatoria 2014-2020 do programa europeo Eixo Leader.

De ser aprobada, esta nova estratexia de desenvolvemento local, daría continuidade aos programas Leader anteriores tales como a iniciativa experimental (Leader I), pasando polos programas Leader II e Leader Plus, ata consolidarse no período 2007-2013 coma o eixe 4 do PDR de Galicia (Plan de Desenvolvemento Rural).

Estas accións vén a dar resposta ao acordo do 10 de febreiro de 2016, polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección.


Dase a circunstancia de que os fondos dispoñibles para este novo tramo do programa sufriron unha drástica redución do 40% respecto do proxecto anterior, ascendendo agora a 84 millóns de euros, dos cales poderían corresponderlle ao AGDR 14 entre 3 e 5 millóns para financiar iniciativas de mellora do nivel de vida no rural, fomento da actividad empresarial, xeración de emprego e riqueza, valorización do patrimonio cultural e natural, etc.

Deste xeito, a Xunta directiva do grupo MAIV-Baixo Miño, presidida pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, celebrou unha reunión en Mos a comezos desta semana, co fin de proceder á contratación de dous técnicos, encargados de elaborar as liñas de acción que se presentarán á convocatoria do programa dentro duns meses.


Unha novidade desta nova convocatoria é que quedan excluídos os núcleos urbanos de máis de 6000 habitantes.

O último gran investimento do Leader
Onte foi inaugurada a nova sede para formación e orientación laboral da Confederación Gallega de Personas con Discapacidad (Cogam. Esta obra, cun investimento de máis de 600.000 euros, (Agader achegou 250.000), constitúe o derradeiro gran proxecto cofinanciado polo AGDR no seu programa 2008-2013.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones