Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tres empresas da comarca do Baixo Miño benefícianse das axudas do inega para proxectos que faciliten o uso racional da enerxía

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que grazas a estas subvencións poderanse levar a acabo auditorías enerxéticas e iniciativas de aforro e eficiencia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que grazas a estas subvencións poderanse levar a acabo auditorías enerxéticas e iniciativas de aforro e eficiencia

Fecha: 19 de Julio de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá as axudas que a administración autonómica, a través do Instituto Enerxético de Galicia, acaba de outorgar aos concellos da provincia, incidindo sobre as 3 empresas que contarán con esta axuda nos concellos de Tui, A Guarda e O Rosal.

Deste xeito, o INEGA aprobou varias liñas de subvencións relativas á realización de auditorías enerxéticas, mobilidade con combustibles alternativos e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores da industria e servizos, e implantación de sistemas de xestión.

"O obxectivo destas axudas é impulsar as iniciativas e programas de aplicación das tecnoloxías enerxéticas, incluídas as renovables", explicou José Manuel Cores Tourís, engadindo que "deste xeito queremos fomentar o uso racional da enerxía e a óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores económicas de Galicia".

Para o desenvolvemento dos obxectivos anteriores, e na procura de incentivar a transformación da actividade industrial en Galicia cara a unha industria 4.0 que aumente a súa competitividade nun mercado global, o Inega establece este sistema de subvencións, complementario aos creados por outras entidades públicas, relacionados con proxectos que fomenten o aforro e eficiencia enerxética en empresas do sector industrial e servizos. "As actuacións que se van desenvolver enmárcanse dentro da Estratexia Enerxética de Galicia 2015-2020 e a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), que alude á utilización do aforro e eficiencia enerxética como instrumento para a mellora da competitividade e o fomento do emprego", matizou o delegado territorial.

A dotación da presente convocatoria con cargo aos orzamentos do Inega para o ano 2016 ascendeu a 9.568.654,00 euros de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

No eido dos proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector da Industria, das 157 iniciativas aprobadas, 61 corresponden á provincia de Pontevedra, véndose beneficiadas Euro-CKP en Tui e Adegas Valmiñor no Rosal. A Xunta aporta o 40% do total de cada proxecto.

Finalmente, no caso das iniciativas de aforro no sector servizos, dos 51 proxectos aprobados, 17 corresponden á provincia de Pontevedra, é dicir, o 33%, beneficiándose no Baixo Miño a firma Flores Toxal de A Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones