Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Trescentos escolares de Tomiño asisten ás actividades extraescolares financiadas polo Concello

A oferta inclúe inglés, multideporte, baile infantil, zhumba, linguaxe de signos e un obradoiro audiovisual

A oferta inclúe inglés, multideporte, baile infantil, zhumba, linguaxe de signos e un obradoiro audiovisual

Fecha: 26 de Abril de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Un ano máis, o Concello de Tomiño financiou un programa de actividades extraescolares ao longo de todo o curso, en distintos centros educativos do municipio.

A oferta formativa, é gratuíta para os estudantes, puideron escoller este curso entre inglés, multideporte, baile infantil, zhumba, linguaxe de signos e un obradoiro audiovisual.
As actividades ofertadas este curso escolléronse por nivel: para Infantil: baile infantil e "Imaxinacción"; para Primaria: multideporte, lingua de signos, inglés e "ImaxinAcción/Entre Pantallas". Por último, para o IES: zhumba e inglés.

Nalgunhas actividades foi necesario facer varios grupos debido á cantidade de nenas e nenos que estaban apuntados, sumando un total superior aos 300 escolares. O programa é unha iniciativa da Concellalía de Educación. Para a selección das actividades, tivéronse en conta diferentes criterios: as características de cada centro educativo, a acollida entre o alumnado (mínimo de 10 persoas), e a vontade de incentivar a empregabilidade e o emprendemento, polo que se contactou con profesionais da zona directamente, non con empresas).


ImaxinAcción é unha das actividades extraescolares máis novidosas que busca fomentar a creatividade dos nenos e nenas do CEIP Tebra, CEIP Antonio Fernández, e CRA Mestre Manuel Garcés.

Outra das actividades máis novidosas é a de Lingua de Signos, que pretende impartir técnicas instrumentais de comunicación entre as persoas xordas e as oíntes.


O programa de actividades esténdese entre os meses de outubro de 2017 e xuño de 2018, e representa un investimento que rolda os 15.000 euros.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra Álvarez, tamén concelleira de Educación, explica que este programa tenta ofrecer accións formativas en igualdade, co propósito de que todo o alumnado poida asistir ás clases que elixa, sen que o custe das mesmas, sexa un impedimento para aprender e integrarse.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones