Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TURISMO DE GALICIA CELEBRA O RECOÑECEMENTO OFICIAL DO CAMIÑO DE INVERNO E DO CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA

Así mesmo, a nova lei inclúe a incoación da declaración de BIC dunha Ruta Xacobea se os concellos polos que esta discorre o solicitan por unanimidade

Andaina polo Camiño Portugués pola Costa en Marzo de 2016 (Mougás-Oia)

Fecha: 28 de Abril de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

Turismo de Galicia celebra a aprobación por parte do Parlamento de Galicia da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, na cal se recoñece oficialmente o "Camiño de inverno" e o "Camiño portugués da costa" como dúas novas rutas de peregrinación a Santiago de Compostela, recollendo unha vella reivindicación dos colectivos relacionados con ambas as dúas rutas xacobeas. A devandita inclusión é froito dos estudos realizados nos últimos anos e que acreditan a historicidade destas rutas.

O Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia no pasado mes de setembro, está en consonancia con esta nova normativa legal que procura, entre outros obxectivos, o mantemento dos valores esenciais do Camiño e a posta en valor do patrimonio cultural asociado ao Camiño de Santiago e que agora están referendados por esta nova Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.

Así mesmo, esta nova lei inclúe a incoación da declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) dunha Ruta Xacobea se os concellos polos que esta discorre o solicitan por unanimidade, o que constitúe un paso máis na garantía da súa protección e conservación.

Por outra parte, a normativa permitirá establecer un plan territorial integrado dos Camiños de Santiago co obxectivo de avanzar pola senda dunha protección efectiva do Camiño de Santiago. O ámbito deste plan estenderase á totalidade dos territorios históricos delimitados.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones