Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Turismo Rías Baixas confirma unha ocupación hoteleira do 60% en maio

A comarca do Baixo Miño superou o 25% de ocupación hoteleira e o 45% en establecementos rurais

A comarca do Baixo Miño superou o 25% de ocupación hoteleira e o 45% en establecementos rurais

Fecha: 03 de Junio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra amosa a súa satisfacción por case duplicar os resultados obtidos o ano pasado nos establecementos hoteleiros e triplicar a ocupación en establecementos rurais

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer os resultados de ocupación hoteleira rexistrada o pasado mes de maio. Silva manifestou a súa satisfacción por tratarse de "datos moi positivos xa que estamos a falar dunha media provincial do 60% en establecementos hoteleiros e do 35% en turismo rural, case duplicando e triplicando, respectivamente, os datos acadados en maio do ano pasado".

No caso dos establecementos hoteleiros, a Presidenta provincial manifestou que as Rías Baixas acadaron unha media provincial de ocupación do 60% no pasado maio, 25 puntos por riba que o mesmo mes de 2016, cando a porcentaxe se situou no 35%.

A comarca do Salnés, segundo Turismo Rías Baixas, tivo unha ocupación media durante o pasado mes de maio do 55%. Pola súa banda, Pontevedra rexistrou un 75% e O Morrazo superou o 36%.

A ocupación hoteleira en Caldas foi do 88% e en Vigo do 65%. A comarca do Baixo Miño superou o 25%, as do Condado e A Paradanta acadaron o 65% e as comarcas do Deza e do Tabeirós e Terra de Montes tiveron unha ocupación do 70%.

En canto ao turismo rural, Carmela Silva informou que a ocupación media provincial foi superior ao 35%. Neste caso, a Presidenta da Deputación engadiu que o resultado "é moi superior ao do ano pasado xa que falamos de triplicar a porcentaxe da ocupación en establecementos rurais que, en maio do 2016, era do 10%".

As casas de turismo rural da comarca do Salnés, segundo os datos recollidos por Turismo Rías Baixas, tiveron unha ocupación do 25%. Pola súa banda, Pontevedra superou o 30% e o Morrazo o 40%.

A ocupación en establecementos rurais en Caldas foi do 60% e en Vigo do 25%. A comarca do Baixo Miño superou o 45%, as do Condado e A Paradanta acadaron o 30% e as comarcas do Deza e do Tabeirós e Terra de Montes tiveron unha ocupación do 20%.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra tamén fixo mención ao perfil das persoas que visitaron Rías Baixas en maio deste ano. Neste caso, Silva subliñou que se trataron de turistas nacionais (81%), principalmente de Álava, Madrid e Barcelona, con entre 35 e 60 anos de idade, aloxados en hoteis (55%) entre 1 e 15 días.

O principal motivo que levou a estas persoas ata Rías Baixas foi o ocio seguido do Camiño de Santiago e o 67% das e dos turistas que viñeron en maio ata a provincia de Pontevedra non coñecían o destino. Ao respecto, Carmela Silva subliñou que "tal e como manifesta esta porcentaxe, estamos sendo capaces de atraer a novos turistas á nosa provincia algo que, estou segura, ten moito que ver coa promoción de destino que fixemos en Madrid e coa que estamos a facer a través das revistas nacionais e internacionais nas que estamos a presentar unha nova imaxe das Rías Baixas, unha imaxe moderna, vangardista, innovadora, na que a excelencia é un dos aspectos máis fundamentais".

Atlántico Express
A Presidenta da Deputación de Pontevedra aproveitou a ocasión para dar a coñecer que onte pola tarde xa se esgotaron as 185 prazas para a viaxe en tren "Atlántico Express" entre Vigo e Oporto. Esta viaxe, que ten por obxectivo promover os Festivais Rías Baixas, encherá de música, gastronomía e influencers o tren celta que une Vigo coa urbe portuguesa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones