Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Turismo Rías Baixas confirma unha ocupación hoteleira provincial de máis do 77% durante a ponte do primeiro de maio

No Baixo Miño a cifra de ocupación situouse no 73%

Carmela Silva amosa a súa satisfacción polos -excelentes resultados, que superan ata en 15 puntos os rexistrados na mesma ponte do 2016-

Fecha: 05 de Mayo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer esta mañá os resultados de ocupación hoteleira rexistrados na provincia de Pontevedra durante a pasada ponte do primeiro de maio. Silva informou que a ocupación media provincial nos establecementos hoteleiros foi do 77,15%, dous puntos por riba das estimacións realizadas por Turismo Rías Baixas, e do 56% nos establecementos de turismo rural, 6 puntos máis que o previsto pola institución.

Carmela Silva asegurou que "estamos a falar dunha das mellores pontes de maio dos últimos anos, uns excelentes resultados que superan ata en 15 puntos os rexistrados na mesma ponte do 2016" e amosou a súa satisfacción por "seguir a ser un destino que crece".

A ocupación hoteleira foi do 77,15%, porcentaxe que se superou nas comarcas de Pontevedra, Vigo, O Morrazo, Caldas e no Deza e en Tabeirós-Terra de Montes. Pontevedra superou o 90% de ocupación hoteleira, Vigo o 85%, ao igual que o Deza e Tabeirós-Terra de Montes que rozaron esa porcentaxe, O Morrazo o 83% e Caldas o 80%. Pola súa banda, a comarca do Baixo Miño chegou ao 71% de ocupación, O Salnés ao 70% e as comarcas do Condado e A Paradanta superaron o 53%.

No caso dos establecementos de turismo rural, a Presidenta da Deputación de Pontevedra manifestou a súa satisfacción por acadar unha ocupación do 56% na provincia de Pontevedra, seis puntos máis que o previsto por Turismo Rías Baixas. Esta porcentaxe se superou en comarcas como O Morrazo, O Condado e A Paradanta, O Baixo Miño e Pontevedra. Así, O Morrazo superou o 92 % da ocupación nos establecementos rurais, O Condado e A Paradanta o 86%, O Baixo Miño o 73% e Pontevedra o 61%. Pola súa banda, a comarca de Caldas acadou o 56% e O Salnés o 41%.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones