Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Turismo Rías Baixas rexistrou unha ocupación hoteleira media na provincia do 30% en decembro

Na Comarca do Baixo Miño a ocupación rexistrada foi do 20%

Na Comarca do Baixo Miño a ocupación rexistrada foi do 20%

Fecha: 10 de Enero de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

Os datos de ocupación hoteleira de decembro recollidos polo servizo de turismo da Deputación de Pontevedra volven a arroxar datos positivos para o sector nas Rías Baixas. A Presidenta da institución provincial, Carmela Silva, manifestou que "se ben decembro non é un mes especialmente significativo para o turismo, o certo é que os datos rexistrados veñen a ratificar que o 2016 foi un excelente ano turístico". En concreto, Silva referiuse a que o pasado mes de decembro mantivo unha ocupación hoteleira do 30%, seis puntos por riba que decembro de 2015, superando o 50% de ocupación na ponte da Constitución e acadando o 80% en Noitevella en localidades como Vigo.

Por comarcas, Vigo foi a que acadou unha maior porcentaxe de ocupación ó superar o 46% en decembro. Séguena Deza e Tabeirós-Terra de Montes, cun 41% e Pontevedra co 40%. O Condado e A Paradanta acadaron o 37,5% de ocupación hoteleira durante o mes de Nadal, O Salnés superou o 34,19% e nas comarcas do Morrazo e Baixo Miño a ocupación foi do 20%.

No caso dos establecementos de turismo rural, a Presidenta da Deputación de Pontevedra manifestou que a ocupación en decembro foi tamén superior a do ano 2015, en concreto, seis puntos superior. As comarcas que rexistraron unha maior ocupación hoteleira foron Pontevedra (preto do 30%) e O Baixo Miño (20%), ás que seguen O Condado e A Paradanta, Caldas, O Morrazo, O Salnés, Vigo e Deza e Tabeirós-Terra de Montes.

En canto ó perfil da e do turista que visitou Rías Baixas durante o pasado mes de decembro, Carmela Silva indicou que procedían do noso país (80%), de Portugal e do Reino Unido, con idades comprendidas entre os 35 e 60 anos, que se aloxaron en hoteis de Vigo, Sanxenxo e Pontevedra entre 4 e 6 días, chegaron ata a provincia de Pontevedra empregando as estradas e o avión e o principal motivo polo que nos visitaron é o ocio en xeral (43%). Amais, a Presidenta da Deputación salientou que "o 53% das persoas que nos visitaron non coñecían a nosa provincia, é dicir, trátanse de novos turistas que temos agora que fidelizar".

Carmela Silva fixo tamén un balance dos datos de ocupación hoteleira ó longo do ano 2016. Ó respecto, subliñou que "o pasado ano Rías Baixas tivo unha ocupación hoteleira media do 45%, un crecemento moi significativo se temos en conta que o 2015 tivo unha ocupación media anual do 34%, é dicir, falamos de 11 puntos por riba no 2016". Entre os datos máis salientables do ano pasado a Presidenta da Deputación destacou a ocupación hoteleira do 70% en Semana Santa e do 80% en verán, 30 puntos por riba que o mesmo período do ano 2015.

Plan estratéxico de Turismo
Por outra banda a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de redacción e elaboración do Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas, un dos obxectivos do Plan de Impulso do Turismo nas Rías Baixas que se presentou con motivo do Día Internacional do Turismo.


O Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas 2017-2020, dotado cun orzamento de 78.650 € e cun prazo de 6 meses de elaboración dende a sinatura do contrato, forma parte da nova forma de facer política turística na Deputación de Pontevedra, -en palabras da Presidenta- "pensada e planificada, na que o sector privado e público, municipios e empresariado, sectores produtivos e administración, traballan da man, sumando sinerxías, colaborando, escoitándonos para impulsar conxuntamente Rías Baixas e convertelo nun referente turístico nacional".


A través do novo Plan Estratéxico, tal e como manifestou Carmela Silva, "teranse en conta as demandas do sector turístico, desde o aloxamento, ata a restauración e oferta complementaria, porque consideramos fundamental escoitar ás persoas do sector, porque son elas quen conviven coas e cos turistas e inciden de forma directa sobre a opinión que teñen do noso destino".


A Presidenta da Deputación de Pontevedra asegurou que as empresas que se presenten ó concurso para a redacción e elaboración do plan deben realizar un diagnóstico da situación actual do sector turístico da provincia para poder realizar unha formulación estratéxica e establecer conclusións.


En canto ó diagnóstico, as empresas terán que realizar un traballo de campo co sector privado, coñecer as súas necesidades e expectativas; realizar entrevistas personalizadas coas asociacións turísticas da provincia e con 40 empresas como mínimo dos diferentes sectores asociados á oferta turística, así como unha enquisa online a unha mostra representativa das empresas do sector e a organización de, ó menos, unha mesa de traballo en cada comarca. Tamén terán que analizar as características da demanda turística, da oferta e infraestruturas e dos servizos turísticos, así como da competencia e da cadea de valor. Amais realizarán tamén unha análise da xestión da información e da fidelización de turistas; estudarase o entorno social, económico, político, administrativo, cultural ou tecnolóxico que pode influír no desenvolvemento turístico; as canles de distribución comercial e promocional e todos os axentes que teñen relevancia en materia turística, para o que se elaborará unha ficha específica individual con información sobre a súa influencia; o canal de comunicación máis eficiente; as tendencias actuais en ámbitos similares á provincia de Pontevedra; o diagnóstico global do destino e os aspectos a ter en conta na definición do modelo turístico da provincia.


En canto á formulación estratéxica, as empresas deberán definir as liñas de traballo para o turismo das Rías Baixas e as accións a acometer nos próximos tres anos, así como a realización dun mínimo de cinco mesas de traballo co sector para contrastar e avaliar as liñas de traballo propostas no Plan Estratéxico. E na fase de conclusións incluirán tanto o orzamento de implantación e a estratexia de financiamento do plan estratéxico como a elaboración dun cadro de mando para o seu seguimento e un plan de comunicación para relanzar a imaxe de Rías Baixas.


A Presidenta da Deputación de Pontevedra adiantou que un dos aspectos que se recollerán neste Plan Estratéxico, que comezará a implantarse no segundo semestre deste ano, será o turismo náutico, xa que Rías Baixas lidera o crecemento en Galicia. En concreto, Carmela Silva manifestou que "se en Galicia o crecemento foi do 4%, nas Rías Baixas foi do 14,6%" e engadiu que se tratan de " turistas que permanecen na nosa provincia entre 3 e 4 días e gastan unha media de entre 150 e 200 € diarios, o que supón un impacto económico anual de entre os 1,8 e 2,4 millóns de €".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí