Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Últimos días de inscrición para a nova edición de -musigal- e -pontegal- da Deputación de Pontevedra

Os grupos poderán inscribirse en ?Musigal- ata o 20 de xaneiro e o prazo para solicitar as actuacións de -Pontegal- comezará ao día seguinte da publicación das súas bases no BOPPO

Os grupos poderán inscribirse en ?Musigal- ata o 20 de xaneiro e o prazo para solicitar as actuacións de -Pontegal- comezará ao día seguinte da publicación das súas bases no BOPPO

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Enero de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

A música seguirá ocupando un lugar preferente no panorama cultural da provincia no 2021 tras a aprobación, por parte da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, das bases dos programas “Musigal” e “Pontegal”. Tal e como resaltou a súa presidenta, Carmela Silva, o ente provincial é “unha administración que cree que a cultura ten un enorme poder transformador e temos a obriga de financiar e potenciar o talento da nosa provincia”. Por iso “a aposta da Deputación polo sector cultural e musical da provincia é total e absoluta”.

 

Máis polo miúdo, “Musigal” contará na súa próxima edición cunha financiación de 600.000 euros cos que contribuirá á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia. Do mesmo xeito, este programa busca fomentar a normalización da nosa lingua e a defensa da igualdade. Carmela Silva explicou que desta forma  “se favorece a programación artística dos concellos, posibilitando que poidan contar con grupos potentes”, posto que os concellos tan só se teñen que encargar dos gastos de produción da actuación, sendo a Deputación de Pontevedra quen aboa na súa totalidade o caché do espectáculo do grupo ou artista. Nesta liña Silva resaltou que para os pequenos concellos “sería imposible facer fronte ao custe desta programación musical se a Deputación non se fixera cargo deste tipo de actuacións”.

Os grupos musicais profesionais poderán inscribirse en “Musigal” ata o 20 de xaneiro do vindeiro ano. Cada grupo ten que presentar por medios electrónicos unha única solicitude e os concellos de menos de 50.000 habitantes poderán solicitar actuacións dos grupos inscritos ata o 15 de febreiro de 2021.

 

Para “Pontegal” a Xunta de Goberno aprobou un orzamento inicial de 300.000 euros que “sen ningunha dúbida será ampliable” ao longo do 2021, tal e como comentou Carmela Silva. A presidenta da Deputación de Pontevedra explicou que “no caso de “Pontegal” o ano pasado baixou moito a petición de actuacións e moitas actividades non se puideron realizar por mor da Covid-19” e por iso, segundo como vaia avanzando o próximo ano ampliarase a partida orzamentaria para este programa.

 

Pontegal é un programa que ten como obxectivo promover a actividade de bandas de música masas corais, grupos folclóricos, grupos de teatro, de música clásica, tradicional ou outras modalidades artísticas, para favorecer e impulsar a riqueza da cultura popular da provincia. O prazo para solicitar actuacións comezará ao día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) e será de 20 días naturais anteriores á data de realización da actuación. Deste xeito, tal e como resaltou Carmela Silva, “facilitamos que se poidan desenvolver moitas actividades e que as asociacións non teñan que solicitalo a principio de ano posto que moitas veces, e máis agora por mor da Covid-19, non sabemos si se van a poder desenvolver as actividades ou non”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí