Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Un chef no Rural traerá 2 sesións de showcooking a Tomiño e Tui

O recoñecido chef galego Iván Méndez levará a súa cociña durante o mes de xuño a Mos, Baiona, Tomiño, Redondela e Tui

O recoñecido chef galego Iván Méndez levará a súa cociña durante o mes de xuño a Mos, Baiona, Tomiño, Redondela e Tui

Fecha: 16 de Junio de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

Poñer en valor os produtos da terra dun xeito dinámico e atractivo. Ese é o obxectivo do proxecto ‘Un chef no rural', unha nova iniciativa de difusión que vén de poñer en marcha a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, entidade responsable da execución da Medida Leader 2014-2020, e que percorrerá cinco concellos do territorio durante todo o mes de xuño.

Trátase dunha demostración culinaria a cargo do recoñecido chef galego Iván Méndez no que tradición e innovación mesturaranse para elaborar menús e pratos adaptados ás peculiaridades de cada concello para "dar a coñecer os produtos do medio rural cociñando pratos cos que sacarlle rendemento aos alimentos locais, aqueles que temos máis cerca", como explicou durante a presentación Sandra González, presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e alcaldesa de Tomiño, concello anfitrión durante a presentación da iniciativa.

Durante o mes de xuño este cociñeiro percorrerá cos seus elaborados menús cinco dos concellos que forman parte do territorio do GDR 14: Mos, Baiona, Tomiño, Redondela e Tui. "Forma parte dunha das liñas de actuación marcada por Eurural para a posta en valor dos nosos produtos, do produtos de proximidade e de calidade, e o primeiro paso tamén para desenvolver esta iniciativa noutros concellos. A idea é que na vindeira edición a nosa cociña percorra outros municipios do GDR 14", salientou González.

De balde ata completar aforo
O público poderá asistir a cada unha destas demostracións gastronómicas de balde, con entrada libre ata completar aforo. O Pazo de Mos será o primeiro en acoller a cociña de Iván Méndez o venres 8 de xuño ás 19.30 horas. Despois, o cociñeiro visitará os Xardíns do Museo da Navegación de Baiona (xoves 14 de xuño ás 12.30 horas), o Mercado Municipal de Tomiño (sábado 16 de xuño ás 12.00 h), a Praza do Concello de Redondela (venres 22 de xuño ás 19.30 h) e a Praza de San Fernando, en Tui (venres 29 de xuño ás 20.00 h).


Esta iniciativa foi presentada este luns 28 de maio no Mercado Municipal de Tomiño, acto no que Sandra González estivo acompañada por representantes dos concellos do GDR 14 no que se van celebrar estas demostracións gastronómicas xunto a Tomiño, como Beatriz González, concelleira de Baiona; Sara Cebreiro e Julia Loureiro, concelleiras de Mos; e Teresa Paris, concelleira de Redondela. O concello de Tui escusou a súa presenza no acto de presentación debido aos acontecementos acaecidos nos últimos días.


Este proxecto nace ao acubillo da Escola Eurural, creada en 2017 como unha ferramenta posta en marcha pola AD Galicia Suroeste Eurural para canalizar todas as accións formativas e informativas que se desenvolven no territorio do GDR 14 e que abrangue aos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.


Dentro da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa elaborada pola AD Galicia Suroeste Eurural, na que se estableceron as liñas de actuación da Medida Leader para o territorio do GDR 14, recóllese unha aposta pola información e formación como vehículo para mellorar a capacitación do capital humano da contorna. Por este motivo, cada ano destínase o 2,5% do orzamento anual da asociación á creación de itinerarios formativos para toda a poboación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones