Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Un concerto a cargo da Coral Polifónica inaugura o programa cultural, deportivo e lúdico de Nadal en Tomiño

Festival folclórico, música de banda, contacontos, obradoiros infantís e carreira popular, son algunhas das outras propostas para este tempo de festas

Festival folclórico, música de banda, contacontos, obradoiros infantís e carreira popular, son algunhas das outras propostas para este tempo de festas

Fecha: 14 de Diciembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

A Coral Polifónica de Tomiño será a encargada de abrir a programación de actividades organizada polo Concello para este Nadal. Será ás 18.00 horas no Auditorio de Goián, con entrada de balde para todo público.

O sábado 21 ás 20.00h será o Grupo de Gaitas e Baile Virxe do Alivio, quen ofrecerá o seu xa tradicional Festival de Nadal. Tamén no auditorio e con entrada de balde para todos os públicos.

A II Carreira de Nadal, terá lugar o domingo 22. Organizada polo Club Atletismo Trega de Tomiño en colaboración co Concello. O mesmo día, pola tarde (18.00h), celebrarase o derradeiro concerto do ano da Agrupación Musical de Goián; un concerto moi especial, xa que participa boa parte do alumnado da Escola de Musica; Banda Infantil e a propia agrupación. Entrada de balde.

Os días 26 e 28, o Mercado Municipal acollerá dúas actividades infantís. O venres 26 de cinco á sete da tarde, haberá diferentes obradoiros e actividades lúdicas a cargo de Migallas Teatro. Actividades de balde para nenos e nenas a partir de 3 anos.

O domingo 28 ás 17.00h "Contos do animalario" da compañía Daboapipa, achegará un espectáculo para toda a familia con música en directo. Unha viaxe polos montes, prados e camiños verdes, chea de encontros con animais marabillosos e estraños.

Malasombra Producións pechará decembro (domingo 29) cun espectáculo para público familiar, no que dous operarios da limpeza descobren as posibilidades das súas ferramentas de traballo para producir pompas de xabón. No auditorio, ás cinco da tarde, con entradas a prezos populares (persoas adultas 3 euros e nenos/as menores de 14 anos, 2 euros), que se poden comprar en taquilla dende unha hora antes do comezo da función.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí