Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Un informe sobre -Sustentabilidade e economía verde- no territorio do Río Miño sinala a silvicultura como factor de competitividade no futuro

O Rosal acolleu este xoves unha xornada de traballo sobre -A sustentabilidade do sector primario- no que participaron o profesor Xavier Martínez Cobas e representantes de ACUBAM, Terras Gauda, Raíz da Terra e Adega Cooperativa Regional de Monçao

O Rosal acolleu este xoves unha xornada de traballo sobre -A sustentabilidade do sector primario- no que participaron o profesor Xavier Martínez Cobas e representantes de ACUBAM, Terras Gauda, Raíz da Terra e Adega Cooperativa Regional de Monçao

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Noviembre de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

O AECT Rio Minho presentou hoxe en O  Rosal o informe sobre ‘Sustentabilidade e Economía Verde’ no territorio miñoto elaborado dentro do Observatorio de Dinámicas Transfronteirizas (ODT) do Rio Minho por especialistas da Universidade de Vigo e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo. Entre moitas ideas de desenvolvemento circular para a zona subliñouse unha conclusión clara: a silvicultura será un importante factor de competitividade no futuro do territorio.

No workshop participaron a alcaldesa do Rosal Ánxela Fernández Callís , o técnico de proxectos do AECT Rio Minho Luís Ulloa que presentou o Observatorio de Dinámicas Transfronteirizas (ODT), e o propio coordinador do ODT e profesor da UVigo, Xavier Martínez Cobas, quen expuxo o último estudo realizado sobre o territorio. Tamén participaron na mesa redonda sobre ‘A sustentabilidade no sector primario’ a presidenta de ACUBAM María Victoria Álvarez Fernández, o responsábel de Raiz da Terra José Augusto Martín, o director técnico de Terras Gauda Emilio Rodríguez Canas  e o presidente da Adega Cooperativa Regional de Monção Armando Fontainhas , baixo a moderación da alcaldesa de Tomiño Sandra González Álvarez.

O profesor Cobas sinalou que as numerosas crises e fracasos asociados ao paradigma económico en vigor incrementaron a necesidade de buscar unha economía respectuosa co ambiente, reaccionando ante a combinación da crise climática, a degradación e a escaseza da auga e a perda da biodiversidade. En concreto, no caso do sector agrario no territorio do Río Miño, Martínez Cobas explicou que o desenvolvemento da economía verde e a sustentabilidade “atópanse ben situados respecto de Galicia e Portugal”.

Segundo salientou, no informe estudáronse as actividades de agricultura, gandaría, caza e actividades relacionadas; as actividades de silvicultura e explotación forestal; as de pesca e acuicultura; e as de extracción de produtos minerais na zona, observándose que son maioritarias as primeiras, ocupando un papel relevante na economía da área transfronteiriza. O segundo lugar ocúpano as empresas dedicadas á pesca, esencialmente situadas nas zonas costeiras do AECT Rio Minho e algunhas máis ao interior, vinculadas á pesca do río.

De maneira específica, Cobas defendeu que “a silvicultura é a actividade que menos importancia ten no territorio, aínda que o número de empresas é tamén considerable”, mais subliñou que as empresas de silvicultura son as únicas que están a crecer no territorio. “Este aspecto sinala que a silvicultura posiblemente sexa un importante factor de competitividade deste territorio no futuro”, subliñou.

Neste sentido, destacou que o grande desafío é evitar os incendios e os seus efectos, e en particular o efecto dos grandes incendios, coma os vividos en 2017. “Con este fin, a silvicultura preventiva pode ser a maior ferramenta de protección. O tratamento das árbores, a elección de especies e os modelos de explotación, limitando as localizacións nos puntos críticos, son liñas a seguir”, dixo.

Fertilizantes co bagazo e placas solares para eficiencia enerxética     
Por outra banda, o profesor tamén destacou no informe que todas as todas as actividades asociadas á economía circular están a incrementar o número de empresas no territorio, indicando que na área do AECT Rio Minho estanse a valorar actividades asociadas á economía da enerxía eléctrica ou valorización e xestión de residuos, como tendencia a unha maior sustentabilidade. Destacou que no caso da viticultura e a planta ornamental é preciso desenvolver subprodutos compatibles co medio, limitando o uso de compoñentes químicos que danen a biodiversidade.

Neste sentido, na mesa de debate sobre a sustentabilidade no sector da vitivinicultura, Terras Gauda acudiu como exemplo dunha empresa importante da bisbarra con proxectos pioneiros, como o que na actualizade está a desenvolver para converter o bagazo en fertilizante e pesticida de calidade grazas ao estudo denominado ‘Vitalver’. A contraparte do país veciño unha das entidades dos vinhos verdes que máis importancia teñen na subzona de Melgaço-Monção como é a Adega Cooperativa Regional de Monção explicou tamén o seu proxecto de eficiencia enerxética coa instalación de paneis solares, que permiten traballar con menos consumo enerxético e menos custos de funcionamento.

O obradoiro desenvolveuse no ámbito do Proxecto ‘Rede de Apoio as dinámicas locais de cooperación no rio Miño transfronteirizo’ (REDE_LAB_MINHO), financiado polo Programa lnterreg V-A España Portugal (Actividade 2 – Construción e dinamización de unha rede de cooperación e observación das dinámicas transfronteirizas).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí