Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Un láser móbil escaneará os 1.700 quilómetros de estradas provinciais

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez anunciou que a Deputación recibiu cinco ofertas para realizar o novo catálogo da rede provincial

Comarca do Baixo Miño: EP-3102 Tomiño-Sabarís (Tomiño)

Fecha: 04 de Agosto de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de recibir cinco ofertas de empresas interesadas en realizar o novo catálogo-inventario da rede de estradas de titularidade provincial. Segundo explicou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, o orzamento de licitación para este novo rexistro é de 217.195 euros, e permitirá obter imaxes en 360o de todos os elementos das estradas de titularidade provincial e os das súas marxes en tempo real, así como incorporar un software para traballar con datos de accidentalidade, de tráfico e auscultación que permitirán unha xestión das máis eficiente, ademais da posibilidade de xerar búsquedas ou informes por items.

O vindeiro mércores 9 de agosto está previsto abrir os sobres coas ofertas técnicas presentadas por Ingeniería Insitu, Cotesa, Relieve MDC, AMAC Europa, S.L. e Applus Control, que deberán ser valoradas pola equipa do departamento de Mobilidade. O deputado de Mobilidade explicou que a Deputación pretende actualizar o inventario xa que o actual data de 2004 e está totalmente desactualizado tanto dende o punto de vista da información que manexa como dende a utilización das novas tecnoloxías. A intención é adxudicar os traballos no outono para poñer en marcha a aplicación doce meses despois, prazo necesario para realizar a implantación do novo catálogo. "Trátase dunha ferramenta complementaria ao labor dos técnicos, e tamén moi importante para realizar todas as labores de conservación e mantemento necesarias", subliñou Benítez.

Nas prescripcións técnicas do contrato establécese que deberá haber unha recollida de datos en campo con captura de imaxes dixitais, así como un levantamento topográfico mediante escaneado con láser móbil sobre vehículo dos 1.700 quilómetros de viario provincial. Este levantamento, que servirá de base cartográfica, poderá ser utilizado, incluso, para a elaboración de futuros proxectos de mellora das estradas.
Entre os elementos inventariados incluiranse as características do contorno das vías provinciais (tipo de terreo, de pavimento, desmontes e noiros, cunetas, beirarrúas, beiravías, elementos de borde, medianas, accesos...), xeométricas (radios de curvatura, rasantes, número de carrís, plataformas, peraltes...); equipamentos (sinalización horizontal e vertical, balizamento e seguranza viaria, zonas de servizo, descanso, estacionamento e recreo...) ou puntos singulares e incidencias (marcos, túneles, pasos superiores e inferiores, pasos a nivel, travesías e variantes de poboación ou enlaces e interseccións), entre outros.

Mediante a ferramenta informática, o usuario poderá situarse en calquera punto de calquera tramo e percorrer cada estrada provincial visualizándoa mediante un simulador de vídeo cun paso mínimo de 10 metros. A aplicación deberá conter e xestionar de xeito sincronizado un visor panorámico tipo Street View no que se poidan ver 360º as fotografías inventariadas, un visor panorámico 3D no que se poida visualizar a nube de puntos do levantamento topográfico, e un visor en planta 2D cos elementos inventariados e a cartografía asociada de xeito similar a Google Maps.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones