Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Un nova taxa de lixo axustada á realidade do servizo e socialmente máis xusta en Tomiño

O tratamento total do lixo no noso concello hoxe en día ten un custo aproximado de 110 euros por familia e ano, dos cales non se cobran mediante a taxa de lixo nin unha terceira parte.

O tratamento total do lixo no noso concello hoxe en día ten un custo aproximado de 110 euros por familia e ano, dos cales non se cobran mediante a taxa de lixo nin unha terceira parte.

Fecha: 22 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño crea unha nova taxa de recollida, tratamento e eliminación de lixo para axustarse ós custos actuais do servizo, que contempla excepcións no pago para familias que o necesiten e que mellora o tratamento das empresas.

A taxa vixente ate o momento, a máis baixa da comarca, non foi modificada dende hai 13 anos, e foi creada para financiar os custos da recollida de lixo. Actualmente estes custos ascenden a 60 euros por familia cada ano, moi lonxe do recadado coa tarifa actual. Ademais, a adhesión do Concello de Tomiño a SOGAMA implicou un gasto engadido, que fixo que o tratamento total do lixo no noso concello teña hoxe en día uns custos aproximados de 110 euros por familia e ano, dos cales non se cobran mediante a taxa de lixo nin unha terceira parte.

"Por tanto, o Concello está subvencionando dúas terceiras partes do custo do lixo, gastando máis de 400.000 euros ó ano dos impostos de todos, que poderían dedicarse a financiar outras necesidades máis importantes como axudas sociais, infraestruturas, saneamento, etc.", explica a concelleira de Medio Ambiente, Mª Xosé Vázquez Rodríguez. "E o máis importante -prosigue- no sistema actual todos pagamos por igual, independentemente da nosa renda ou das nosas circunstancias familiares. Isto mellora coa nova taxa pois as familias que menos ingresos teñan poderán incluso estar exentas de pago, contemplando tamén rebaixas moi significativas para familias que teñan que convivir con situacións de discapacidade ou minusvalía, ou para familias numerosas ou monoparentais con nenos en idade escolar ".

Coa nova taxa, aínda non se recuperan totalmente os custos do servizo. Segundo a concelleira, "Aínda teremos un déficit de máis 30 euros por familia e ano, que intentaremos cubrir conseguindo aforros de custes. Imos poñer en marcha varias medidas paralelas como melloras na recollida selectiva, sistemas de compostaxe doméstico e comunitario, recollidas específicas, etc.".

"Por todas estas razóns, cremos que a creación desta nova taxa é unha necesidade xa que anterior era deficiente no importe, nos conceptos que cubría, no texto normativo, que resultaba obsoleto, no tratamento de negocios e empresas, e no feito de non ter en consideración a situación económica e persoal das familias", conclúe Mª Xosé Vázquez Rodríguez.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones