Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Un novo impulso para a música en O Rosal: conservatorio profesional e renovación do auditorio municipal

O Rosal impulsa a educación musical coa posta en marcha do Conservatorio Profesional de Música, o segundo da comarca, e a renovación integral do Auditorio Municipal, un proxecto de 900.000 euros que mellorará a eficiencia enerxética e a accesibilidade do

O Rosal impulsa a educación musical coa posta en marcha do Conservatorio Profesional de Música, o segundo da comarca, e a renovación integral do Auditorio Municipal, un proxecto de 900.000 euros que mellorará a eficiencia enerxética e a accesibilidade do

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Marzo de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O Rosal avanza con paso firme na súa aposta pola formación musical e a cultura. Tras anos de esforzo e dedicación, o municipio conseguiu un fito histórico coa posta en marcha do Conservatorio Profesional de Música do Rosal, que xa está en funcionamento neste curso, permitindo que o alumnado da comarca poida continuar os seus estudos sen necesidade de desprazarse a outras localidades.

Este centro, promovido pola Agrupación Musical do Rosal, xa conta con 16 alumnos e alumnas en 1º, 2º e 3º grao, algúns deles procedentes de fóra do municipio. Ademais, a Escola de Música continúa sendo un referente con 210 estudantes matriculados e outras 46 persoas participando en actividades lúdicas vinculadas á música.

A alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández Callís, destacou o impacto positivo que está a ter este proxecto:

"Sempre fomos un pobo de músicos e músicas, e neste primeiro curso xa demostramos que contar con este conservatorio no Rosal foi un paso decisivo para garantir que as novas xeracións teñan acceso a unha formación de calidade preto da casa", afirmou.

Reforma integral do Auditorio Municipal: un investimento estratéxico

O compromiso do Concello coa música non se detén coa creación do conservatorio. Para garantir o seu presente e futuro, o Goberno municipal impulsará a reforma integral do Auditorio Municipal, cun investimento de case 900.000 euros, financiado en parte polo Plan Extra da Deputación de Pontevedra.

Este proxecto ten como obxectivo transformar o auditorio en clave de sostibilidade, eficiencia enerxética e accesibilidade, dividindo as obras en tres grandes actuacións:

 - Reforma da envolvente exterior para mellorar o confort térmico e a durabilidade da edificación.
 - Mellora dos accesos ao auditorio, á zona do museo e á escola de música para garantir a accesibilidade universal.
 - Reorganización dos espazos interiores para optimizar a funcionalidade do conservatorio e da escola de música.

"Estamos a construír o presente e o futuro da formación musical no Rosal. Con este conservatorio e a reforma do auditorio consolidamos un proxecto de grande impacto educativo, cultural e social para toda a comarca", concluíu a alcaldesa.

O Rosal: un referente na formación musical da comarca

A posta en marcha do Conservatorio Profesional de Música do Rosal e a modernización do Auditorio Municipal consolidan ao Rosal como un polo cultural e educativo clave na comarca. Este proxecto permitirá que futuras xeracións teñan acceso a unha formación musical de calidade, reforzando o legado musical da vila e ampliando as oportunidades para novos talentos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí