Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

UN NOVO TEMPORAL COSTEIRO DE NIVEL LARANXA AFECTARÁ DURANTE A XORNADA DESTE MÉRCORES AO LITORAL DA CORUÑA E PONTEVEDRA

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes

Fecha: 29 de Diciembre de 2015

Fuente: Infomiño.com

 

En torno ás 6.00 horas haberá intervalos de ventos do sur e forza 8 e mar combinada do oeste-suroeste, con ondas de 5 e 6 metros


A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), informa no seu boletín nº 68 /71 GAL do día 29 /12/2015 ás 10:36 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por COSTEIROS de nivel LARANXA que afectará ás provincias de A CORUÑA e PONTEVEDRA , de acordo aos seguintes parámetros:
 
Provincia de A Coruña (Oeste e noroeste), ventos do suroeste , de forza 8, e mar combinada do oeste de 5 a 6 metros. Dando comezo o episodio a primeiras horas do día 30/12/2015. Provincias de A Coruña (suroeste) e Pontevedra, ventos do sur, forza 8, e mar combinada do oeste - suroeste de 5 a 6 metros. Dando comezo o episodio as 6:00 horas do día 30/12/2015. Estimándose que remate a alerta laranxa a primeiras horas do día 31/12/2015
 
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra a partir de mañá.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), desde primeiras horas desta madrugada espéranse ventos do sur e suroeste, de forza 8, e mar combinada no oeste e noroeste da provincia da Coruña. As ondas oscilarán entre os 5 e 6 metros de altura.

Pola súa banda, en torno ás 6.00 horas haberá intervalos de ventos do sur e forza 8 e mar combinada do oeste-suroeste, con ondas de 5 e 6 metros na zona suroeste da Coruña e no litoral da provincia de Pontevedra.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

 

 

AS BRIGADAS PROVINCIAIS DE VÍAS E OBRAS ESTARÁN EN ALERTA POLO MAL TEMPO

Durante a mañá do martes os operarios atenderon un desprendemento de terras na estrada provincial Marín-Penizas e varias caídas de árbores e sumidoiros anegados

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez avoga por "un correcto mantemento da rede viaria provincial para garantir a seguranza viaria"

Ante a previsión de alerta laranxa anunciada dende MeteoGalicia para o mércores a Deputación de Pontevedra ten previsto poñer en activo as tres brigadas habituais de mantemento das vías provinciais e engadir outras cinco restantes 'en retén' co fin de ofrecer un bo servizo no caso de que se produzan incidencias. As brigadas que estean de 'garda localizada' desprazaranse incluso fóra da súa área de influencia de darse situacións de emerxencia, xa ben comunicadas dende o 112, polas policías locais dos concellos, Guardia Civil ou mesmo os veciños.
O deputado de Mobilidade Uxío Benítez, responsable das brigadas provinciais, sinalou que o traballo dos operarios é básico, xa que "un correcto mantemento da rede viaria provincial é fundamental para garantir a seguranza viaria, máximo en momentos no que as circunstancias climatolóxicas non son as máis axeitadas".
Nesta mañá unha das brigadas da zona Centro da provincia recibiu un aviso de alerta a través dos servizos de emerxencia sobre as 13.50 horas polo desprendemento de terras na EP-1201 entre Marín-Penizas, no lugar de Moreira, debido á acumulación de auga caída o luns. Así mesmo, igual que hoxe, na xornada de onte as brigadas tamén procederon á retirada de árbores en diferentes puntos, así como á limpeza de arrastres da chuvia que taponaban sumidoiros, tubaxes e arquetas, eliminando balsas de auga das calzadas e apartando árbores, ramas e sinais tiradas polo vento que impedían o tránsito.
O sistema de incidencias nas estradas provinciais funciona 24 horas ao día 365 días ao ano. Así, o pasado día de Noiteboa, os equipos de operarios da Deputación de Pontevedra tiveron que acudir á limpeza de varias vías por manchas de gasoil e outros líquidos deslizantes nos concellos de Soutomaior, Catoira e Gondomar por avisos do 112. No día de Nadal tamén foi preciso actuar por varias caídas de árbores e sinais e por desprendementos de terra e pedras nos concellos de Baiona e Tomiño, entre outros.

No que vai de ano o rexistro do servizo de emerxencias da Deputación de Pontevedra leva contabilizadas máis de 300 incidencias atendidas fóra do horario ordinario dos traballadores das brigadas ou en fin de semana. Estas actuacións súmanse aos traballos realizados de forma programada e aos que se comunican directamente ás brigadas sen pasar polo servizo de Control e Vixiancia.
Normalmente as emerxencias son comunicadas a través da Policía Local do concello afectado, da Guardia Civil, de alcaldes, concelleiros ou de calquera veciño, incluído tamén o servizo 112, que activa un protocolo de actuación propio. A maior parte das actuacións están relacionadas con caídas de árbores, accidentes, inundacións, desprendementos, fochancas, nevadas ou presenza de animais mortos. Tamén se recollen advertencias de semáforos avariados, de erros na sinalización, de retirada de elementos na vía, postes caídos ou tapas de sumidoiros en mal estado.
Hai tres brigadas na zona Norte da provincia con bases situadas en Lalín e Codeseda; tres na zona Centro con base en Pontevedra, e dúas na zona Sur, ubicadas en Gondomar e Ponteareas.

 

 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí