Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Un pan de centeo con historia representa a Tomiño nunha cátedra da Universidade de Lugo

O mestre panadeiro Marcos Castro levou ao evento o chamado Pan do Miño, -un pan de miga escura e pouca levadora que funciona para todo-

O mestre panadeiro Marcos Castro levou ao evento o chamado Pan do Miño, -un pan de miga escura e pouca levadora que funciona para todo-

Fecha: 06 de Agosto de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Unha bola de "Pan do Miño", un pan de trigo e centeo que prepara a panadería tomiñesa "Camiño Novo" e que ten moitas décadas de historia, foi un dos mellores pans de Galicia, que degustaron as persoas asistentes ás xornadas "¿Poñemos o pan sobre a mesa?, organizadas pola Cátedra do Pan e do Cereal Da Cunha, da Universidade de Lugo e a primeira adscrita ao Campus Terra da USC.

A xornada tivo lugar hai unhas semanas na Casa do Saber (Vicerreitorado do Campus de Lugo), coa participación da vicerreitora de Coordinación do campus lugués, Montserrat Valcárcel Armesto; e o promotor e a directora da Cátedra do Pan e do Cereal Da Cunha, Manuel Da Cunha Pereira e Mª Ángeles Romero Rodríguez, respectivamente.

Tras a celebracións das distintas mesas e conferencias, realizouse unha mostra e degustación de pans artesáns de Galicia, acompañados por produtos da terra, e entre aqueles, estaba o "Pan do Miño", o mesmo nome co que o artesán de Tomiño competiu hai máis de 20 anos no campionato galego de panadería. "É un pan que antigamente se facía polas casas; a miña avoa Amelia, que tamén era panadeira, facíao, e o meu pai Feliciano tamén ", explica Marcos Castro. Trátase dun pan que leva fariña de trigo normal, de muiño de pedra e de centeo; un pan de bola, con masa madre, que pesa uns 800 gramos e que ten un período longo de fermentación (de 18 a 20 horas). Por esa razón non o hai todos os días. "É un pan de miga escura ou color crema, que funciona para todo, tostadas, comida, merenda, bocadillos, e que leva pouca levadora, o que fai que a fermentación sexa longa e que os sabores se concentren", comenta Marcos, quen agradece o convite dos organizadores da xornada. "Grazas por facernos partícipes de tan importante evento e poder mostrar a Galicia o noso pan", dixo Marcos na presentación do seu produto.

A Cátedra do Pan e do Cereal Da Cunha é unha cátedra institucional que ten como obxectivos a investigación, o fomento da docencia e a difusión dos coñecementos no ámbito do pan e dos cereais, en concreto, sobre tres aspectos: historia da elaboración do pan en Galicia; selección e produción de cereais autóctonos, e impacto na economía galega.

O goberno local de Tomiño fíxolle chegar a Marcos Castro os seus máis sinceros parabéns, agradecéndolle que de a coñecer produtos de calidade que se fan na vila.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí