Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Unha comisión técnica conxunta decidirá o futuro dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES)

O Consorcio contrata o suministro de 73 traxes de intervención en emerxencias, en aras a mellora da seguridade do persoal

O Consorcio contrata o suministro de 73 traxes de intervención en emerxencias, en aras a mellora da seguridade do persoal

Fecha: 28 de Abril de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento celebrou esta mañá o pleno ordinario correspondente ao mes de abril . No marco da sesión Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia acordaron a creación dunha comisión técnica para dar resposta conxunta e consensuada en materia de emerxencias as necesidades que ten pendentes a provincia.

En concreto, presentáronse no pleno dous informes de análise e propostas de xestión no que se propoñen diferentes solucións para arranxar as carencias en canto ao funcionamento das emerxencias na provincia, ben en relación ás zonas de sombra, ó mapa de emerxencias, aos tempos de resposta, etc. En relación a estes documentos, tanto a Deputación de Pontevedra como a Xunta de Galicia acordaron crear a comisión técnica, que tome como punto de partida os informes aportados pola xerencia do Consorcio, para abordar de xeito consensuado as carencias en materia de loita contra incendios e salvamento que permitirán establecer unha estratexia provincial de atención ás emerxencias. Amais, esta comisión técnica conxunta tamén vai servir para decidir o futuro dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).

A institución provincial e a administración autonómica valoraron positivamente os informes aportados pola Xerencia do Consorcio para a prestación do servizo contra incendios e salvamento e acordaron traballar o máis rápido posible para avaliar estes documentos. Tamén resolveron, ambas administracións, que as conclusións da Comisión se trasladarán ao grupo de traballo ligado a Protección Civil que se creou tralo acordo adoptado pola Xunta de Galicia e a Fegamp na Mesa para a Cooperación Local.

O pleno do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento aprobou tamén outras cuestións que poñen de manifesto a boa saúde económica da entidade. En concreto, deuse conta do resultado presupostario a 31 de decembro de 2016 de 643.099,13 euros, do estado de remanente de tesourería de 3.562.840,08 euros e dos fondos líquidos de 3.561.587,96 euros. A débeda a 31 de decembro de 2016 situouse en cero euros

Ao respecto do primeiro trimestre deste ano 2017, no pleno tamén se informou sobre o período medio de pago que se sitúa, de media, 5 días antes dos 30 de máximo que estipula a normativa estatal.

Finalmente deuse conta do inicio do expediente para a contratación do suministro de 73 traxes de intervención en emerxencias, en aras a mellora da seguridade do persoal na prestación do servizo, cuxo importe ascendería a 101.579,50€.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones