Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Unha duzia de parellas participan en Tomiño nos obradoiros de maternidade da Semana da Saúde

A semana rematará o venres 7 de abril, coa conferencia -Recomendacións para un aleitamento materno exitoso-

A semana rematará o venres 7 de abril, coa conferencia -Recomendacións para un aleitamento materno exitoso-

Fecha: 07 de Abril de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

A actividade comezou o mércores coa actividade "Muller e saúde na maternidade: como xestionar o corpo e a emoción durante o parto", a cargo de Nuria Peláez Rodríguez, fisioterapeuta especialista en terapias manuais e no período perinatal


"Muller e saúde na maternidade: como xestionar o corpo e a emoción durante o parto", foi a primeira das actividades celebradas (onte na Casa da Cultura) polo Concello de Tomiño, dentro da Semana da Saúde 2017.

Este obradoiro práctico orientado a mulleres embarazadas e ás súas parellas, tentou dar ferramentas facilitadoras do parto, a través do bo uso do corpo, a emoción e a respiración. Nuria Peláez Rodríguez, fisioterapeuta especialista en terapias manuais, foi a encargada de impartir a actividade, que contou cunha ducia de parellas que, en breve, serán pais e nais.

A especialista, dirixe o xoves, entre as 19.00 a 20.30h, outro obradoiro, denominado "Saúde na etapa infantil: conciencia corporal, respiración e relaxación", con actividades individuais e grupais para aprender a sentarse, mellorar a autoestima e o coñecemento corporal, etc. Poderán asistir a este obradoiro nenos e nenas a partir dos 6 anos de idade, acompañados polos seus papás e/ou mamás, se así o desexan.

A semana rematará o venres 7 de abril, coa conferencia "Recomendacións para un aleitamento materno exitoso", a cargo dunha matrona experta (Carla Estévez,) en como conseguir un bo aleitamento e posibles dificultades nesta etapa. Tamén na Casa da Cultura, de 19.30 a 20.30h.

Para pechar as actividades desta Semana da Saúde, Laura Muinelo, doutora e investigadora de ONCOMET (GRUPO DE ONCOLOXÍA MÉDICA TRASLACIONAL) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, falará sobre a campaña de biopsia líquida, que ela máis o seu equipo están levando a cabo, a través de micromecenado, co fin de dar a coñecer esta novidosa técnica, máis rápida e menos invasora que as tradicionais (de análises de tumores a través de extracción de sangue). Será tamén na Casa da Cultura, de 20.30 a 21.30h.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí