Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Unha semana para o campamento que organiza a Agrupación Musical de Goián e o Concello de Tomiño

O 24 de agosto, ao rematar o campamento, terá lugar, dentro do ciclo cultural de verán -O Son da Praza-, o espectáculo -Ei cantar coa Agrupación Musical de Goián-

O 24 de agosto, ao rematar o campamento, terá lugar, dentro do ciclo cultural de verán -O Son da Praza-, o espectáculo -Ei cantar coa Agrupación Musical de Goián-

Fecha: 07 de Agosto de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O vindeiro luns, 13 de agosto, arranca no auditorio, unha nova edición do Campamento Musical organizado pola Agrupación Musical de Goián, en colaboración co Concello de Tomiño.

A actividade terá lugar ao longo de dúas semanas, finalizando o 24 de agosto, pudendo os e as participantes, de entre 3 e 12 anos de idade, optar por asistir unha semana ou dúas, dependendo dos intereses e posibilidades de cada quen.

Coma en anos anteriores, as persoas non terán por que ser so de Tomiño, senón tamén de outros concellos da comarca, coma O Rosal, A Guarda, Tui ou Vilanova de Cerveira.

Coma explican os organizadores, aínda que algunhas nenas e nenos xa teñen coñecementos musicais, para a maioría, este campamento é o seu primeiro contacto co mundo da música; polo que se fai especial fincapé en chegar a este mundo, a través de xogos e dinámicas de grupo, traballando cunha metodoloxía integradora que permita aprender e convivir na diversidade e en igualdade.

Por outra parte, o mesmo día 24 de agosto, ao rematar o campamento, terá lugar, dentro do ciclo cultural de verán "O Son da Praza", o espectáculo "Ei cantar coa Agrupación Musical de Goián". Trátase dun innovador formato musical no que se mesturarán as voces de Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Miguel Ladrón de Guevara coa música da banda, para interpretar cancións tradicionais galegas e boleros, nun homenaxe especial a "Os Tamara". Será na Praza do Seixo a partir das 22.30 horas e con entrada de balde.

Para máis información e inscricións:
Enderezo electrónico: info@bandadegoian.gal
Teléfono: 626 799 623
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones