Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Unhas oitenta familias de Tomiño benefícianse das axudas municipais para material escolar

Os criterios valorados para conceder as subvencións foron a situación familiar, débedas e ingresos

O Concello está valorando o xeito de que os textos sexan devoltos ao remate do curso, co fin de ter un fondo do que poidan beneficiarse outros estudantes

Fecha: 15 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Unhas oitenta familias de Tomiño (47 delas usuarias dos Servizos Sociais municipais) beneficiaranse das axudas para material escolar concedidas polo Concello.

O importe total destas axudas ascendeu a 5191,68 euros, que se repartiron entre cen menores demandantes.

 

Os criterios valorados polas concellalías de Servizos Sociais e Educación, para conceder as subvencións foron varios: a situación familiar (familias monoparentais, con enfermidades, discapacidades, ou causas sobrevidas, etc.), as débedas e gastos (hipotecas, créditos, etc.) e os ingresos, estudando cada caso de xeito individualizado. De feito, segundo as necesidades de cada estudante, concedéronse axudas por distintos conceptos, coma libros de texto, material escolar e incluso, transporte.

 

A concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez, explica que o obxectivo foi cubrir as necesidades reais das familias que se atopan nunha situación de vulnerabilidade por situacións coma o desemprego, a exclusión social ou unha enfermidade. "Deste xeito, os menores teñen o material que necesitan en condicións de igualdade co resto do alumnado, nun proceso que levamos adiante de forma anónima, no que se refire ás familias beneficiarias", indica.

 

Asemade, a concelleira salienta a honradez de moitas familias que non aceptaron a axuda, argumentando que xa conseguiran o material que precisaban.

 

Por último, e á proposta de varias familias beneficiarias, estase a valorar o xeito de que os textos pagados polo Concello, sexan devoltos ao remate do curso, co fin de ir formando un fondo de libros, do que poidan beneficiarse outros rapaces e rapazas o vindeiro ano.

As fotos corresponden ao último Consello Escolar celebrado o día 25 de outubro pasado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones