Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Unión de Consumidores de Galicia denuncia a R Cable pola masiva incidencia que deixou sen servizo de telefonía móbil a miles de galegos e galegas

Solicita ás autoridades galegas de competencia que investiguen a posible comisión de actos de competencia desleal realizados por Vodafone e por R

Solicita ás autoridades galegas de competencia que investiguen a posible comisión de actos de competencia desleal realizados por Vodafone e por R

Fecha: 28 de Diciembre de 2016

Fuente: Unión de Consumidores de Galic

A Unión de Consumidores de Galicia vén de presentar denuncia ante o Instituto Galego de Consumo contra o operador de telecomunicacións R Cable pola masiva incidencia que deixou sen servizo de telefonía móbil (voz e/ou datos) a centos de miles de usuarios e usuarias.

Na súa denuncia, Unión de Consumidores de Galicia lembra que as telecomunicacións están consideradas como un servizo de interese xeral que malia prestarse en réxime de libre competencia non están exentas do cumprimento duns requisitos de calidade e que esta calidade desaparece completamente cando un servizo deixa de prestarse con carácter xeral e durante un prazo de tempo de preto de 24 horas sen que teña concorrido ningunha circunstancia de forza maior. UCGAL solicita ás autoridades de consumo que logo da tramitación do correspondente expediente impoñan unha contundente sanción ao operador de cable atendendo ás dimensións dos incumprimentos de servizo e a posición dominante de R Cable no sector da telefonía móbil en Galicia ao tempo que solicita que por parte do operador se acredite que todos os usuarios foron indemnizados de acordo cos compromisos asumidos publicamente1.

Unión de Consumidores de Galicia lamenta que a resposta utilizada por R Cable para xustificar a caída do servizo fose a de culpar a outro operador, Vodafone. Para verificar este extremo e polo feito de que puidesen concorrer actos de competencia desleal por parte dun ou de ambos operadores de telecomunicacións, UCGAL dirixiuse así mesmo ás autoridades galegas da competencia para que investiguen uns feitos que poden incidir directamente no comportamento económico das persoas consumidoras.

A xuízo da Unión de Consumidores de Galicia, neste episodio non poden perderse de vista diversos aspectos que posiblemente teñan que ver co acontecido os pasados días 23 e 24 de decembro. Por unha banda, o dimensionamento das infraestruturas do antigo operador galego que non puido facer fronte a un hipotético aumento do tráfico e á deficiente ou inexistente infraestrutura replicable que permitira minimizar as consecuencias para as persoas usuarias dun colapso do servizo. En segundo lugar, a capacidade do operador que aluga as redes móbiles e que actualmente da servizo a case tres de cada 4 OMVs2. Unión de Consumidores de Galicia non descarta ademais que ao colapso contribuíran os cambios nos sistemas de R Cable derivados da integración en distintos procesos de Euskaltel como por exemplo o cambio do ciclo de facturación.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí