Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

UXÍO BENÍTEZ ANUNCIA O PLAN MÓVESE PARA AUMENTAR A SEGURANZA VIARIA DAS ESTRADAS PROVINCIAIS COA INSTALACIÓN DE ZONAS 30 E PASOS DE PEÓNS SOBREELEVADOS

O deputado de Mobilidade vén de solicitar a cada concello un informe sobre os puntos da rede viaria provincial nos que se precisa calmar o tráfico

A Deputación de Pontevedra financiará o 100% das actuacións do plan, que terá continuidade todo o mandato

Fecha: 20 de Enero de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou onte a posta en marcha do Plan MOVESE (Mobilidade e Velocidade Segura) para aumentar a seguranza viaria nas estradas provinciais con medidas de calmado do tráfico tales como a implantación de zonas 30 ou pasos de peóns sobreelevados. As zonas de actuación en cada municipio serán elixidas polos propios concellos, coñecedores dos lugares nos que se precisa calmar o tráfico con máis necesidade.

Segundo explicou Uxío Benítez este plan segue a "filosofía do decálogo de criterios para as actuacións nas vías provinciais que establece que a prioridade nas estradas da Deputación, a partir de agora, será para os peóns". Neste sentido, subliñou que "os obxectivos son aumentar a seguranza viaria creando espazos de coexistencia para todos os sistemas de desprazamento nun contorno viario seguro e tranquilo que permita protexer aos colectivos máis vulnerables". O deputado defendeu que a medida máis importante para acadar unha mobilidade máis segura é actuar directamente sobre a velocidade á que transitan os vehículos, xa que canto máis reducida é esa velocidade menos número de sinistros se producen e menores son as súas consecuencias. Por este motivo o Plan MOVESE aposta por actuacións de calmado do tráfico mediante a instalación de zonas 30, pasos de peóns sobreelevados (PPS) e outro tipo de redutores físicos da velocidade dos vehículos (RFVV).

Benítez lembrou que a rede de estradas provinciais, formada por 377 vías cunha lonxitude total de 1.700 quilómetros, supón unha trama de vías secundarias, non de alta capacidade, que na súa maioría cruzan núcleos de poboación ou pasan por zonas cun tránsito peonil importante. Así, como exemplo para a instalación das zonas 30 ou dos chamados 'lombos' Benítez expuxo o caso de vías provinciais situadas ao carón de colexios, onde os desprazamentos de alumnos son continuos e é preciso darlles prioridade fronte á circulación rodada. "A prioridade ten que ser que os rapaces poidan ir seguros ao colexio, non que os coches que pasen por aí aforren 30 segundos e cheguen antes ao destino", manifestou.


Consensuado e con continuidade no mandato
En canto ao proceso para poñer a andar a iniciativa, Benítez indicou que no Plan MOVESE haberá cambios en relación a como viña actuando a Deputación ata o de agora, xa que serán os propios concellos os que expoñan cales son as súas necesidades. "A metodoloxía para elixir onde se actúa será diferente, posto que serán os concellos, principais coñecedores dos seus municipios, os que indicarán aos técnicos provinciais cales deberán ser os puntos de actuación", dixo.


A pasada semana, de feito, a Deputación xa trasladou formalmente aos alcaldes da provincia unha carta para explicar o procedemento de solicitude. Púxose a disposición un formulario tipo no que mandatarios, concelleiros, técnicos ou policías municipais deben explicar cal é o punto de actuación que requiren, así como os motivos polos que se debe mellorar a seguranza viaria nesa zona, ben por ser un punto de concentración de accidentes ou ben por tratarse dunha zona de elevado tránsito peonil. Este formulario (tamén dispoñible na web www.depo.es ) debe ser devolto ao departamento de Mobilidade antes do 1 de febreiro para que despois un técnico provincial visite a zona referida e realice un informe coas solucións máis acaídas para cada caso.


Posteriormente, e en virtude do número de solicitudes presentadas e da súa argumentación, se contratarán as actuacións e se executarán ao longo deste ano.


Segundo insistiu Benítez, a Deputación financiará o 100% das actuacións. Tamén sinalou que o Plan MOVESE terá continuidade durante todo o mandato, xa que o departamento de Mobilidade recibe periodicamente peticións de actuacións e ten constatado que na súa maior parte están relacionadas con problemas de seguranza viaria.

Estender o modelo
O vicepresidente provincial, César Mosquera, apuntou pola súa banda que co Plan MOVESE quérese dar un "impulso serio e potente á mellora da mobilidade nas estradas provinciais". Lembrou que a Deputación de Pontevedra foi a primeira administración que instalou "lombos" no seu viario e subliñou que "a pesares de que nalgúns casos salvaron moitas vidas, noutros non supuxeron a solución máis correcta pola súa aplicación deslavazada". Neste sentido, Mosquera destacou que a experiencia provincial, xunto coa doutros concellos como o de Pontevedra, sirve "para facelo mellor" ao estender o modelo a toda a provincia a partir de agora.


Sobre a sinistralidade no viario provincial, o vicepresidente indicou que co Plan de Mobilidade e Velocidade Segura non só que quere diminuír o número de accidentes, senón tamén contribuír a dar unha maior sensación de seguridade viaria. "As estradas que pasan por medio de núcleos poboados sempre condicionan a vida deses veciños, polo que hai que mellorar a súa mobilidade e potenciar un modelo que aumente a súa calidade de vida", dixo.


En referencia aos accidentes que se producen nas vías secundarias con atropelos de peóns, Mosquera destacou que na maior parte dos casos se deben a despistes de condutores, polo que hai que planificar actuacións de deseño viario para que cando se produzan eses despistes "teñan as menores consecuencias posibles".


Finalmente, Mosquera sinalou que as actuacións do Plan MOVESE irán coordenadas con máis plans de mellora da rede de estradas provinciais que se presentarán en breve.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones