Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

UXÍO BENÍTEZ ANUNCIA QUE A DEPUTACIÓN REALIZARÁ UN ESTUDO DE MOBILIDADE NO ROSAL PARA QUE O CONCELLO POIDA PEONALIZAR A PRAZA DO CALVARIO

Quérense estudar os tránsitos rodados e peonís e prantexar alternativas de aparcamento que permitan recuperar o espazo público no núcleo da vila para o uso dos veciños

Quérense estudar os tránsitos rodados e peonís e prantexar alternativas de aparcamento que permitan recuperar o espazo público no núcleo da vila para o uso dos veciños

Fecha: 19 de Febrero de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, reuniuse hoxe co alcalde do Rosal , Jesús María Fernández Portela, e comprometeuse a que a Deputación de Pontevedra realizará un estudo de mobilidade do concello co obxectivo de que o Goberno local poida peonalizar a praza do Calvario e recuperala para uso exclusivamente dos veciños.

A peonalización da praza do Calvario é un obxectivo plantexado xa hai anos polo goberno local que, segundo explicou o deputado provincial, encaixa perfectamente coa política da nova Deputación de realizar actuacións que permitan que os cidadáns volvan ser os protagonistas dos espazos públicos. "A intención é conseguir que a praza volva ser un lugar de centralidade para todas as parroquias no que se podan desenvolver actividades públicas e eventos. Preténdese crear un espazo atractivo para uso cotiá e no que os cidadáns perciban calidade urbana e seguranza para que os máis pequenos podan xogar libremente sen o problema que supoñen os vehículos. Esa é a filosofía do novo goberno provincial", explicou Benítez.

A intención de peonalizar a parte máis antiga da vila xa está recollida parcialmente no Plan Especial do concello de O Rosal e agora quéreselle dar un novo pulo. Neste sentido, Benítez subliñou que a colaboración da institución provincial será total para botar adiante a iniciativa. Para concretar esa axuda, os técnicos provinciais realizarán un estudo da mobilidade rodada e peonil no núcleo urbano, co fin de detectar as necesidades e plantexar unha proposta de actuación global na que se poida encaixar a mellora da praza do Calvario.

Un dos puntos máis importantes será establecer as posibles alternativas para o aparcamento que agora hai na praza. Buscaranse posibles bolsas de estacionamento o máis próximas posible á área de actuación para resolver as necesidades dos veciños. Nestes momentos barállanse como posibles solucións unha zona na traseira do concello e tamén un terreo de propiedade da Igrexa que ten boas comunicacións coas estradas principais.

Unha vez estea elaborado o estudo de mobilidade o Goberno local deberá decidir se leva adiante o concurso de ideas que tiña inicialmente plantexado.

No encontro de onte estivo tamén presente o asesor de Mobilidade provincial, Jesús Fole, que subliñou as grandes posibilidades da praza do Calvario. "Só con quitar os coches e eliminar os bordiños a praza ten moitísimas posibilidades", dixo, para engadir que sería unha oportunidade poder incluír no deseño final o contorno da igrexa.

Por outra banda, o alcalde de O Rosal tamén plantexou a Benítez a creación dunha senda peonil na estrada provincial EP-3302, que tamén será estudada polos técnicos provinciais.
 

Participa na enquisa no lateral dereito da nosa web:
 
¿Estás de acordo en que se realice a peonalización da Praza do Calvario do Rosal?
 
NS/NC
Si
No
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones