Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

UXÍO BENÍTEZ ASEGURA QUE A DEPUTACIÓN ASUMIRÁ A EXECUCIÓN DAS ACTUACIÓNS DA CANDIDATURA -VISIT RÍO MIÑO- NA PROVINCIA

O deputado e os alcaldes pontevedreses da ?raia- amosaron hoxe a súa ilusión por -diluír a fronteira con Portugal- cos proxectos que aspiran aos fondos europeos do POCTEP

As primeiras intervencións físicas para poñer en valor o val do Miño chegarán no ano 2017

Fecha: 12 de Diciembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra e os concellos da 'raia' no Baixo Miño, Condado e Paradanta apostan por "diluir a fronteira" con Portugal e atraer un gran número de visitantes ao val fluvial do Miño cos proxectos da candidatura transfronteiriza 'Visit Río Miño'. Así o manifestaron hoxe nun encontro de traballo co deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez celebrado no Pazo Provincial, no que o nacionalista explicou os pormenores da proposta lusogalaica que se presentará oficialmente a vindeira semana para obter fondos europeos.

Benítez anunciou aos rexedores que a Deputación está disposta a canalizar todas as actuacións que se vaian facer no sur da provincia no caso de recibir os fondos solicitados. "Por axilidade é máis cómodo para os concellos que a Deputación asuma a xestión e a execución dos proxectos, polo que así se fará", subliñou o deputado. Así mesmo, Benítez indicou que a institución provincial financiará tamén a parte económica de cada proxecto que debería correr a cargo dos concellos (un 25%) nun prazo de tres anos.

Para facer efectiva a inversión europea, firmarase un convenio bilateral con cada un dos gobernos municipais no que se regulará a participación que deberán asumir en cada proxecto. Os rexedores, ante estes anuncio de Benítez, manifestaron hoxe a súa satisfacción pola implicación da Deputación e a súa ilusión e compromiso coa candidatura, polo que subliñaron a súa disposición a facilitar o traballo e xestións en tódolos ámbitos.

O proxecto 'Visit Río Miño' ten un orzamento que ronda os seis millóns de euros, dos que o 75% chegaría da Unión Europea. O prazo de presentación da candidatura finaliza este mes para pasar despois á etapa de validación. Será no segundo semestre do 2016 cando se coñecerá a decisión final sobre os fondos e no 2017 poderanse empezar a materializar as primeiras intervencións físicas no territorio.

Obxectivos
A candidatura 'Visit Río Miño' ten como obxectivo a creación dunha marca común que atraia a uns tres millóns de turistas potenciais ao val do Miño. A súa intención é poñer en valor as potencialidades do río cun proxecto único e cohesionado dende as dúas partes da fronteira, facendo que esta se dilúa e que a colaboración pontevedresa cos concellos de Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença, Paredes de Coura, Monçao e Melgaço sexa transversal e multidisciplinar. "Trátase de potenciar de xeito sostible a identidade común da zona transfronteiriza a todos os niveis cunha estratexia única de territorio", sinalou o deputado Uxío Benítez.


A candidatura está formada por varias actuacións principais. A primeira e principal baséase na creación dunha imaxe de marca que abranga todo o territorio e que identifique a localización do Miño e as súas ofertas tanto directamente cara aos visitantes como a través da presenza en feiras e outros actos de promoción.


Por outra banda, e baseándose na sostibilidade dos proxectos, as actuacións transfronteirizas propostas estarán avaladas por estudos universitarios que analizarán problemáticas da área que inflúen nos recursos existentes que poden ser aproveitados económica e turisticamente, como pode ser un sistema de trazabilidade e calidade dos produtos da pesca artesanal.


Un terceiro eixo xirará en torno ás actuacións para valorizar espazos e contribuír á creación dunha rede de atractivos coordinada, como melloras de espazos e sendeiros de pescadores, muíños e pesquerías.

 

Smart Río Miño
Ademais de 'Visit Río Miño', os concellos galegos e portugueses impulsarán tamén outra candidatura denominada 'Smart Río Miño', que pretende levar adiante e consolidar unha estrutura para aplicar a estratexia conxunta de desenvolvemento do territorio transfronteirizo do Miño de forma continua no tempo. "Precisamos un instrumento para sentar as bases do futuro conxunto da zona e das liñas estratéxicas e actuacións a desenvolver, é dicir, unha nova asociación europea de cooperación transfronteiriza (ASCT) que priorice cales son os camiños a seguir, o que se podería chamar o obxectivo 'Miño 2020'", subliñou Benítez, que asegurou que a creación desta estrutura seguirá adiante aínda que non se obteña a subvención europea para poñela en marcha. O orzamento desta proposta conxunta da zona transfronteiriza entre Galiza e Portugal ascende a aproximadamente 800.000 euros.


Segundo explicou Uxío Benítez, o programa POCTEP ao que se presentarán as dúas candidaturas transfronteirizas nas que están implicadas a Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho (organismo ao que pertencen os seis concellos portugueses) distribuirá no 2016 o 70% dos fondos totais dispoñibles. Haberá unha segunda convocatoria, pola que se repartirá o 30% restante na que é probable que se presenten novas propostas por parte da nova ASCT do Miño e incluso unha segunda parte das candidaturas xa anunciadas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones