Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

VALORACIÓN POSITIVA DOS REPRESENTANTES DE A GUARDA, OIA E O ROSAL SOBRE OS SISTEMAS DE COMPOSTAXE COÑECIDOS TRALA VIAXE A NAVARRA

Alcaldes, concelleiros e técnicos agradeceron a iniciativa da Deputación e o asesoramento técnico que se dará neste mandato

A viaxe a Navarra organizada polo vicepresidente da Deputación César Mosquera DEU a coñecer novos sistemas de xestión do lixo aos concellos de Pontevedra

Fecha: 11 de Septiembre de 2015

Fuente: depo.es

A VIAXE A NAVARRA, XERME PARA POÑER EN MARCHA PEQUENAS EXPERIENCIAS DE COMPOSTAXE EN TODA A PROVINCIA
Alcaldes, concelleiros e técnicos agradeceron a iniciativa da Deputación e o asesoramento técnico que se dará neste mandato
A viaxe a Navarra organizada polo vicepresidente da Deputación César Mosquera para dar a coñecer novos sistemas de xestión do lixo aos concellos de Pontevedra ten xa o seu primeiro froito: son varios os municipios que teñen pensado implantar experiencias piloto de composteiros colectivos en barrios, parroquias ou núcleos de poboación de forma inminente. Así o manifestaron os representantes de Barro, Vilaboa, Lalín, Sanxenxo ou Valga, entre moitos outros.
Tódolos concellos presentes na expedición pontevedresa (26) mostraron a súa satisfacción pola experiencia da viaxe, ao poder coñecer in situ diferentes modelos de xestión do lixo e escoitar a técnicos pioneiros na compostaxe nas xornadas organizadas pola Universidade Pública de Navarra. Por todo isto tanto alcaldes como concelleiros e técnicos agradeceron a iniciativa ao responsable de Medio Ambiente da Deputación, o vicepresidente César Mosquera, así como a posta a disposición de técnicos durante este mandato. Pola súa banda, a deputada Eva Iglesias, destacou o interese mostrado en todas e cada unha das visitas, así como a participación e curiosidade mostrada en tódalas conferencias.
O programa deseñado pola Deputación incluíu unha visita a unha pequena instalación de compostaxe de Larrabetzu, onde se fai un tratamento comunitario entre familias e dous restaurantes que xestiona un agricultor da zona. Tamén se coñeceron as instalacións da nova planta de compostaxe de Epele, aínda sen poñer en marcha, e que polas súas dimensións é moi parecida á que se prevé instalar en Pontevedra (salvando diferencias técnicas).
Na segunda xornada da viaxe, os 45 representantes pontevedreses estiveron nas instalacións dos Traperos de Emaús, onde recibiron explicacións sobre o funcionamento de esta organización que ten como obxectivo darlle unha 'segunda vida' ao lixo. Tamén se visitou o Avicompo e o Parque dos Sentidos en Noáin, onde se utilizan as galiñas como volteadoras do compost.
Na terceira xornada visitáronse Irurtzun, Leitza e Ursurbil, tres localidades con composteiros comunitarios nas que os veciños se fan cargo do mantemento e da xestión. Na última vila está instalado un sistema de recollida porta a porta.
No curso de verán de Alsasua coñecéronse experiencias de Italia, Cataluña, Navarra, Ourense e Compostela da man de técnicos recoñecidos internacionalmente.


Visita a Latpax
A expedición Pontevedresa realizou onte pola mañá a súa última visita a unha planta de tratamento de lixo: a planta de compostaxe de Latpax, que traballa cos residuos orgánicos de sete municipios da provincia de Guipúzcoa (3.000 toneladas por ano).
Esta planta de tratamento abriuse no ano 2008 como experiencia piloto cunha grande e custosa tecnoloxía para realizar o compost. Nun primeiro momento o tratamento realizábase en tambores autotérmicos xiratorios estancos. Este procedemento nunca chegou a funcionar correctamente, aínda que se mantivo durante catro anos. A partir de entón simplificouse o proceso de forma drástica e pasouse a facer a compostaxe de xeito mecánico-manual cunha volteadora acumulando os materiais en pilas.
Actualmente prodúcense 900 toneladas anuais de compost de gran calidade (tipo A), que se vende ao prezo de 30 euros por tonelada. O éxito da planta de Latpax, segundo os seus técnicos, débese ao gran traballo que fan os veciños da zona na separación en orixe do lixo orgánico e do resto das fraccións. De feito, son poucos os camións de biorresiduo que son devoltos aos concellos por non ter clasificado correctamente os desperdicios.

 
 
A Guarda
O concelleiro Paulino Rodríguez subliñou que tódolos modelos coñecidos en Navarra e País Vasco son aplicables no concello de A Guarda, pero destacou que os concellos non poden soportar económicamente en solitario o seu financiamento e posta en marcha.
 
"Hai dúas partes, sería bo que a compostaxe se xestionase a través dunha mancomunidade, xa que no Baixo Miño hai uns 60.000 habitantes e podería instalarse unha planta en calquera lugar", dixo, para engadir que " é primordial a concienciación previa da cidadanía e dos políticos".
 
Neste último ámbito explicou que no Concello de A Guarda estase traballando con moi bos resultados na recollida selectiva e nos puntos limpos. "Queremos manter unha reunión técnica coa Deputación para contar as nosas inquietudes. Hai que facer moitas valoracións antes de apostar por algo concreto", finalizou.
 
Oia
Gerardo Rodríguez considerou a visita a Navarra moi interesante. Calificou como "utopía" o chegar ao nivel de compostaxe desta comunidade e indicou que o grao da colaboración da xente é fundamental ao apostar pola recollida selectiva da parte orgánica do lixo. "Temos que saber transmitir á xente que esta tendencia é importante. Hai que recuperar produtos e reducir o lixo en xeral e a recollida porta a porta", dixo, para explicar que se se consegue que os veciños separen os restos de comida tamén se mellorará a recollida selectiva doutras fraccións "o que permitirá reducir os custes do tratamento dos residuos"
"Unha planta na mancomunidade sería ideal", pero nós comezaremos pola compostaxe da fracción vexetal dos céspedes e as podas, que teñen unha solución sinxela, "para que non vaia aos contentores e se recolla como un voluminoso".
 
 
O Rosal
A concelleira Charo Tabales suliñou que a aplicación da compostaxe como modelo alternativo de xestión de residuos non só é unha cuestión política. Tabales lembrou que dende 2011 ela mesma leva recorrendo domicilios(1.500 no último ano), colexios e facendo enquisas para informar e concienciar á veciñanza da importancia da recollida selectiva e dos tratamentos biolóxicos. "O fundamental é a concienciación da cidadanía e ter un apoio institucional, un asesoramento que podería ser compartido con outros concellos", dixo. En canto á viaxe a Navarra, Tabales afirmou que foi unha experiencia "extraordinaria única de aprender cousas e ver o que nos une -con Navarra e o País Vasco- aínda que son moi diferentes... Son aplicables moitas cousas de alí".
En canto ás experiencias coñecidas, a edil explicou que lle gustaría aplicar o sistema de recollida de lixo porta a porta no casco urbano así como
composteiros comunitarios nas parroquias. "Non se precisan grandes infraestruturas nos concellos, pero no Baixo Miño debería haber plans conxuntos a xeito de mancomunidade. Ten que haber unha continuidade no traballo, dar un tempo á reflexión, ver as propostas e a súa viabilidade", finalizou.

 


Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones