Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

VENCE COLOCA TOMIÑO COMO EXEMPLO DE GOBERNO DO BNG HONESTO, EFICAZ E PARA A XENTE REFERENTE PARA TODA A COMARCA DO BAIXO MIÑO

Salienta o traballo da equipa que lidera Sandra González ao servizo da veciñanza, participativo, social e capaz de reactivar a economía local

Contrapón o dinamismo de Tomiño coa parálise dos gobernos municipais do PP na comarca do que tomará nota á cidadanía o 24M

Fecha: 12 de Marzo de 2015

Fuente: BNG

Tomiño pasou de ser un concello decadente a ser un concello dinámico convertido en referente para toda a comarca do Baixo Miño tras dúas lexislaturas de goberno do BNG lideradas pola alcaldesa Sandra González, capaz de desenvolver unha xestión eficaz, honesta e participativa, ao servizo das veciñas e veciños.

"É un exemplo do que se pode facer cando hai ideas, iniciativas, entrega e dedicación como ten esta equipa de goberno do BNG que encabeza a compañeira Sandra", salientaba o portavoz nacional, Xavier Vence, tras coñecer o rehabilitado mercado municipal dentro da súa visita institucional ao Concello, "con capacidade de promover a economía e o comercio local, imprescindibles para xerar emprego e riqueza nun momento de crise como o que vivimos e, ao mesmo tempo, con servizos sociais para atender as necesidades da veciñanza", subliñou.

Vence salientou "con moito orgullo" o traballo desenvolvido polo Bloque en Tomiño, que ten no mercado municipal a última mostra, controvertendo un espazo arruinado "nun emblema comercial e de dinamización local, incluso con atractivo turístico", capaz de xerar 35 postos de traballo directos.

Xunto coa capacidade para xerar actividade económica e promover o comercio de proximidade, Vence subliñou o segundo sinal de identidade do goberno municipal: o servizos sociais pensados para o benestar da veciñanza, "poñendo o concello ao servizo da xente".

Neste sentido,  fixo referencia ao feito de que Tomiño dispoña do único centro de día público da comarca, un centro para persoas discapacitadas que contou con todo o apoio do concello, ou dúas escolas infantís.

"Todos eles servizos moi importantes para as familias, porque atende aos nenos e nenas e as persoas maiores e facilita a conciliación laboral", valorou o dirixente nacionalista. Tamén puxo en valor a "intensa" axenda cultural que desenvolve o goberno do BNG, coa escola de música como referente a que concorren 140 alumnos, ou a escola municipal de teatro.

 

Efecto contaxio para o 24M

"Son tantas iniciativas que nos enche de orgullo e estou convencido que o aprecio que a cidadanía demostra xa a alcaldesa e ao resto do goberno local será renovado nas eleccións municipais do 24 de maio, onde terá un resultado moi bo, reforzando a maioría absoluta", explicou Vence, quen fixo fincapé en que o exemplo de goberno do Bloque en Tomiño terá un efecto "moi positivo" no resto da comarca.

"A xente da comarca tamén ten oportunidade de contrastar e de comparar os resultados dun goberno comprometido e honesto, con ideas, que traballa para os veciños e veciñas, con creatividade, fronte a uns concellos paralizados e sen iniciativas  do PP. Vai haber moita xente na comarca que apostará polo BNG tras o exemplo de Tomiño", recalcou.

O dirixente do Bloque completou a visita institucional percorrendo outras infraestruturas en marcha, incluíndo a escola de música e un encontro a viveiros do concello, referentes en produción de plantas ornamentais, mesmo a nivel internacional.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones